Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Instrumento Europeo para a promoción da democracia e dos Dereitos Humanos. Accións en Guatemala.

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

- Reforzar o respeto dos dereitos humanos e das libertades fundamentais nos países e rexións onde están ameazados.
- Reforzar o papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e as reformas democráticas.
- Apoiar e consolidar os marcos internacional e rexional para a proteción dos dereitos humanos, a xustiza, o Estado de Dereito e a promoción da democracia.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoio á sociedade civil para desenvolver unha maior cohesión no seu traballo na promoción dos dereitos humanos e da xustiza e seguridade democrática, protección dos sectores e grupos excluidos, fomento do dialogo político. Contribuirase a loita contra a discriminación, ao desenvolvemento da participación igualitaria de homes e mulleres e a constituir unha forza efectiva para o cambio positivo.

Eidos de actuación

- Promoción e protección dos dereitos das mulleres, pobos indíxenas, nenez e adolescencia e persoas discapacitadas e implementación do marco legal no seu favor; loita contra a discriminación.
- Fortalecemento do rol da sociedade civil na promoción da xustiza e seguridade democrática.
- Prevención, protección e rehabilitación de víctimas da violencia.
- Democratización e sensibilización dos medios de comunicación.

Destinatarios

Organizacións sen ánimo de lucro dun estado membro (esto último non aplicable para as organizacións internacionais). Os solicitantes de Guatemala deben observar unhas características específicas.

Financiamento

Non se poderá superar o 80 % dos custos elexibles. O mínimo sería 50.000 e o máximo 150.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

600.000 euros

Duración do proxecto

Entre 12 e 36 meses

Data de publicación

23/11/2010

Data límite de solicitude

21/02/2011

Documentación

Contacto

Delegación de la Unión Europea en Guatemala
Ref: EuropeAid/130-708/L/ACT/GT
Edificio Europlaza
5 Av. 5-55, Zona 14
Torre II, Nivel 17
Ciudad de Guatemala

Comentarios

O proceso constará de dúas partes, na primeira farase unha selección provisional de solicitudes.
Os documentos de síntese e os xustificantes deberán engadire a través do programa PADOR.
Poderán remitirse preguntas por e-mail ou fax ata 21 días antes de que remate o prazo de presentación das solicitudes.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante