Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Instrumento europeo para a promoción da democracia e os Dereitos Humanos, programa Venezuela 2009/2010

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta convocatoria é reforzar o papel da sociedade civil na promoción dos Dereitos Humanos e das reformas democráticas, no fomento da conciliación pacífica dos intereses de diferentes grupos e na ampliación da participación e a representación política.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos serían apoiar a participación dos actores non estatais na promoción e a protección Dereitos Humanos, para contribuír ao fortalecemento democrático, así como tamén, o financiamento de accións que aumenten a representación e a participación, en todas as esferas da vida pública, dos grupos vulnerables.

Eidos de actuación

Promoción dos Dereitos Humanos, fortalecemento de entidades públicas, asistencia de persoas solicitantes de refuxio por non ter conciencia sobre os seus dereitos, accións para promover a igualdade dereitos con respecto a vítimas de discriminación por identidade sexual, xénero, persoas con discapacidades...

Destinatarios

Deberán reunir as seguintes condicións, seren persoa xurídica, non ter ánimo de lucro, pertencer á categoría de axencia da sociedade civil, incluídas ONG´s, fundacións de partidos políticos, organizacións locais... axencias, institucións e redes do sector público a nivel local, nacional, rexional e internacional e organismos parlamentarios a nivel internacional así como organizacións intergubernamentais rexionais. Así mesmo, os candidatos deben ter a nacionalidade de Venezuela ou dun dos países da UE ou dun país candidato oficial a adhesión á UE ou pertencente ao Espazo Económico Europeo.

Socios

Os solicitantes da subvención poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas. Para os solicitantes non venezolanos, será obrigatorio ter baixo a modalidade de socios a organizacións locais a fin de considerar a solicitude da subvención. Os socios deberán participar no deseño e na execución da acción, e reunir os requisitos de elixibilidade aplicables ao beneficiario mesmo.

Financiamento

As subvencións non poderán exceder do 95% do total dos custes da acción.

Orzamento total da convocatoria

2.100.000 euros

Duración do proxecto

Entre os 12 meses e os 36.

Data límite de solicitude

20/04/2010

Documentación

Contacto

Delegation-Venezuela-IEDDH@ec.europa.eu
Fax: 0212 – 993.55.73

Comentarios

As subvencións terán un importe mínimo de 100.000 euros e máximo de 400.000.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante