Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Afianzando o respecto polos dereitos humanos e liberdades fundamentais nos países onde máis están en risco

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

Contribuír ao desenvolvemento e á consolidación da democracia, o imperio da lei e o respecto ós dereitos humanos e as liberdades fundamentais, no marco da política Comunitaria de cooperación, desenvolvemento e colaboración económica, financeira e técnica con terceiros países. Este instrumento intenta axudar á sociedade civil a ser unha forza efectiva pra reforma política e a defensa dos Dereitos Humanos, complementando a nova xeración de programas xeográficos, sendo por tanto un instrumento ideado pra un nivel global aínda que operando no marco rexional e nacional.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar iniciativas en países e situacións onde se producen violacións de Dereitos Humanos. Por situacións enténdese, rexións ou países onde existen violación sistemáticas, onde as organizacións da sociedade civil operan con dificultades, onde están ameazadas, existe violencia e represión a cotío e onde está en risco ou ten desaparecido o pluralismo político. A lista de obxectivos a un nivel específico sería a seguinte:

1) Incrementar o respecto polos Dereitos Humanos e as liberdades fundamentais en países e rexións onde están en risco
2) Fortalecer o rol da sociedade civil na promoción dos Dereitos Humanos e a reforma democrática, apoiar a conciliación pacífica dos diferentes grupos de interese e consolidar a participación e a representación política.
3) Apoiar iniciativas relacionadas cos Dereitos Humanos e a democracia en areas cubertas polos programas europeos, incluíndo os diálogos sobre DDHH, pena de morte, tortura, infancia e conflitos armados.
4) Apoiar e fortalecer o marco internacional e rexional pra protección dos Dereitos Humanos, a xustiza, o imperio da lei e a promoción da democracia.
5) Promover a confianza e o fortalecemento da transparencia en procesos electorais democráticos, en particular a través da observación de eleccións.

Eidos de actuación

Supervisión, información pública, fortalecemento de capacidades, diálogos con socios clave, apoio actividades de lobby, onde sexa posible, construción de coalicións de apoio entre socios locais e organizacións pertencentes á sociedade civil, dotar de máis poder ás poboacións locais...

Destinatarios

Principalmente organizacións da sociedade civil, na rexión ou na Unión Europea, non tendo restricións xeográficas. Por organizacións da sociedade civil pódese entender, axencias do sector privado, institucións e órganos e redes a nivel local, nacional ou internacional,fundación políticas independentes, órganos parlamentarios internacionais ou socios políticos democráticos. Todas elas deben ser persoas xurídicas sen ánimo de lucro.

Socios

A convocatoria non establece ningunha condición aínda que lle da prioridade ás organizacións da sociedade civil emprazadas no propio territorio onde se leva a cabo a acción. Os socios deben cumprir os mesmos criterios que os destinatarios aínda que a súa participación non é obrigatoria pero si recomendada.

Financiamento

As subvencións non suporán menos do 50% do custe do proxecto, nin superarán o 90% deste, aínda que dependendo do país e da situación pode chegar a financiar a totalidade da acción.

Orzamento total da convocatoria

Este programa está dotado con 14000000 euros

Duración do proxecto

A duración debe estar entre os 18 meses e os 36.

Data límite de solicitude

15/06/2010

Documentación

Contacto

EuropeAid-GlobalCalls@ec.europa.eu

Comentarios

Calquera subvención estará entre os 150000 euros de mínimo e os 1200000 euros de máximo.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante