Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio ás accións a favor da democracia e os dereitos humanos no eido da tortura e os malos tratos

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

Contribuír ao desenvolvemento e á consolidación da democracia e ó Estado de Dereito, así como ao respecto de todos os dereitos humanos e das liberdades fundamentais. En concreto, poderíase enmarcar no obxectivo 2 da Estratexia IEDDH 2007-2010, que pretende reforzar o papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e das reformas democráticas. Búscase igualmente fomentar a conciliación pacífica dos intereses de diferentes grupos e a ampliación da participación e a representación políticas.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria en enmarca dentro do obxectivo 3 do documento da estratexia do IEDDH 2007-2010 que promove un apoio aos dereitos humanos e a democracia de terceiros países e contra a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanas ou degradantes.
Neste sentido, o obxectivo específico desta convocatoria é apoiar a organizacións da sociedade civil nas accións destinadas á prevención e erradicación da tortura e os malos tratos e / ou na rehabilitación dos superviventes de tortura.

Eidos de actuación

Accións destinadas a:
- Promover o marco internacional e rexional sobre a prevención da tortura a través da educación, da información e / ou de programas de sensibilización sobre a Convención das Naciones Unidas contra a Tortura (UNCAT) e doutras organizacións internacionais pertinentes e / ou organizacións rexionais de dereitos humanos.
- Fortalecer a capacidade das organizacións da sociedade civil ou as redes da ONG en terceiros países para levar a cabo actividades para loitar contra a tortura.
- Reforzo institucional (policía, sistema de xustiza, servizo de prisións e persoal médico).
- Fortalecemento da coordinación entre institucións nacionais (Defensor da Vila, comisións de dereitos humanos nacionais ou mecanismos nacionais de prevención…) e as organizacións profesionais e organizacións da sociedade civil, para loitar contra as prácticas de tortura e malos tratos.
- Labores de formación e prevención.
- Investigación, publicacións, produción de material e a difusión de información relativa á prohibición da tortura, incluída a investigación relacionada coas súas causas e / ou consecuencias.
- Estudos e publicacións relativas aos instrumentos e tecnoloxía que poden ser usados contra a tortura e malos tratos.
- A sensibilización, o coñecemento e a comprensión dos dereitos e necesidades dos superviventes da tortura e as súas familias en todos os niveis, (promover o principio de non devolución, solicitudes de asilo, asistencia xurídica, médica, psiquiátrica, laboral aos superviventes da tortura ou persoas ameazadas e as súas familias…).
- Desenvolvemento de bases de datos que contribúan ao intercambio de prácticas, servizos e información e facilitar a investigación.

Destinatarios

Persoas xurídicas ou entidades sen personalidade xurídica, sen ánimo de lucro.
- Ser unha organización da sociedade civil (OSC) constituída conforme á lexislación en vigor en Arxentina ou nun Estado membro da Unión Europea.
- Organizacións da sociedade civil, incluídas as non gobernamentais e organizacións independentes, fundacións políticas, organizacións comunitarias, e organismos do sector privado.
- Organismos do sector público, institucións redes a nivel local, nacional, rexional e internacional.
- Organizacións internacionais e rexionais, organizacións non gobernamentais.

Financiamento

As subvencións outorgadas dentro do programa estarán comprendidas entre 200.000 e 1.500.000 euros e non poderán ser inferiores ao 50% nin superiores ao 80% do total dos custos elixibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada á presente convocatoria de propostas ascende a 20 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 18 meses nin superior a 36 meses.

Data límite de solicitude

15/10/2009

Documentación

Comentarios

Para a presentación da solicitude é obrigatorio inscribirse anteriormente no Servizo de Rexistro en Liña dos Solicitantes (Potential Applicant Data On-Line Registration, PADOR), e enviar nunha primeira fase notas conceptuais, solo posteriormente pódese enviar a solicitude completa.

Una sesión de información de esta convocatoria de propuestas se organizará próximamente en el lugar y fecha que aparecerá en esta página de Internet

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante