Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Instrumento Europeo para a Promoción da Democracia e dos Dereitos Humanos. Programa de apoio a Arxentina

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

Este concide co obxectivo do propio programa (IEDDH) de contribuír ao desenvolvemento e á consolidación da democracia e o Estado de Dereito, así como ao respecto de todos os dereitos humanos e das liberdades fundamentais. En concreto, poderíase enmarcar no obxectivo 2 da Estratexia IEDDH 2007-2010, que pretende reforzar o papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e das reformas democráticas. Búscase igualmente fomentar a conciliación pacífica dos intereses de diferentes grupos e a ampliación da participación e a representación políticas.

Obxectivo específico da convocatoria

Na presente convocatoria defínense como obxectivos prioritarios:
1) Promoción das accións da sociedade civil para o respecto dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais das persoas con discapacidade.
2) Impulso ás accións das organizacións da sociedade civil (OSC) para a efectiva implementación da Convención sobre os Dereitos do Neno.
3) Apoio aos esforzos da sociedade civil en favor da promoción dos dereitos económicos,
sociais e culturais (DESC), incluíndo o dereito ao medio ambiente.

Destinatarios

Persoas xurídicas ou entidades sen personalidade xurídica, sen ánimo de lucro e ter a nacionalidade dun dos países membros da Unión Europea ou dun país en vías de adhesión ou candidato oficial recoñecido pola Comunidade Europea ou dun estado membro do Espazo Económico Europeo ou de Arxentina.
Ser unha organización da sociedade civil (OSC) constituída conforme á lexislación en vigor en
Arxentina ou nun Estado membro da Unión Europea.
As OSC europeas deberán estar legalmente rexistradas polo menos cinco anos antes da data de presentación da solicitude. Para as OSC de Arxentina, este requisito limitarase a dous anos.

Financiamento

As subvencións outorgadas dentro do programa estarán comprendidas entre 150.000 e 200.000 euros e non poderán ser superiores ao 50% do total dos custos elixibles da acción. Para propostas presentadas por organizacións arxentinas a subvención non poderá ser superior ao 95% do total dos custos elixibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada á presente convocatoria de propostas ascende a 600.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 12 meses nin superior a 36 meses.

Data límite de solicitude

30/10/2009

Documentación

Comentarios

Para a presentación da solicitude é obrigatorio inscribirse anteriormente no Servizo de Rexistro en Liña dos Solicitantes (Potential Applicant Data On-Line Registration, PADOR).
Unha sesión de información desta convocatoria de propostas organizarase próximamente no lugar e data que aparecerá nesta esta páxina de Internet

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante