Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Instrumento Europeo para a Promoción da Democracia e dos Dereitos Humanos. Accións en Venezuela

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

Este coincide co obxectivo do propio programa (IEDDH) de contribuír ao desenvolvemento e á consolidación da democracia e o Estado de Dereito, así como ao respecto de todos os dereitos humanos e das liberdades fundamentais.

Obxectivo específico da convocatoria

Enmárcase dentro do obxectivo 2 da Estratexia IEDDH 2007-2010, que pretende reforzar o papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e das reformas democráticas. Búscase igualmente fomentar a conciliación pacífica dos intereses de diferentes grupos e a ampliación da participación e a representación políticas.

Eidos de actuación

Poderán ser financiadas actividades como as seguintes:

  • Accións que Promovan o respecto e apoien o cumprimento dos dereitos humanos e loiten contra calquera tipo de discriminación.
  • Accións que fortalezan o coñecemento sobre atribucións, funcións, responsabilidades, autonomías e independencia de entidades públicas.
  • Accións que apoien a elaboración de informes e estatísticas sobre a situación dos DDHH en Venezuela así como sobre compromisos internacionais que este Estado acordou.
  • Accións que promovan a posta en marcha de recomendacións dos Observadores Electorais Internacionais.
  • Accións que aumenten a representación política e a participación dos grupos vulnerables. Referido especialmente a persoas privadas de liberdade, refuxiados ou desprazados, persoas víctimas de discriminación pola súa identidade sexual, pobos indíxenas ou afroamericanos).

Na presente convocatoria de subvencións cada solicitante pode presentar un máximo de dúas propostas. Sen embargo, só outorgarase unha subvención por cada organización solicitante.
Estas actividades deben ser realizadas, tanto a nivel nacional, rexional como local, no Estado de Venezuela.

Destinatarios

Persoas xurídicas ou entidades sen personalidade xurídica, sen ánimo de lucro e con nacionalidade dun dos países membros da Unión Europea, de Venezuela ou de outros países elixibles (Regulamento (CE) n. 1889/2006), que pertenzan a algunha das seguintes categorías:
Organización da sociedade civil (incluídas as ONG´s, e as fundacións políticas independentes), organizacións locais, e axencias, institucións e organizacións do sector privado, centros de investigación e as redes destas organizacións que operan a nivel local, nacional, rexional ou internacional.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou asociados.
Neste último caso, os socios (que deben cumprir os mesmos requisitos que o solicitante), deberán participar no deseño e a execución da acción, e os gastos nos que incorran serán susceptibles de recibir subvencións na mesma medida que os efectuados polo beneficiario da subvención.

Financiamento

As subvencións outorgadas dentro do programa estarán comprendidas entre 20.000 e 150.000 euros e non poderán ser superiores ao 80% do total dos custos elixibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada á presente convocatoria de propostas ascende a 900.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 12 meses nin superior a 36 meses.

Data límite de solicitude

19/03/2009

Documentación

Comentarios

Para a presentación da solicitude é obrigatorio inscribirse anteriormente no Servizo de Rexistro en Liña dos Solicitantes (Potential Applicant Data On-Line Registration, PADOR).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante