Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Instrumento Europeo para a promoción da democracia e dos Dereitos Humanos. Accións en Nicaragua.

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

Este coincide co obxectivo do propio programa (IEDDH) de contribuír ao desenvolvemento e á consolidación da democracia e o Estado de Dereito, así como ao respecto de todos os dereitos humanos e das liberdades fundamentais. Os obxectivos específicos do IEDH son cinco:

  • Reforzar o respecto dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais nos países e rexións onde se ven ameazados.
  • Reforzar o papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e das reformas democráticas.
  • Apoiar as accións en favor dos dereitos humanos e a democracia nos ámbitos cubertos polas orientacións comunitarias.
  • Apoiar e consolidar os marcos internacional e rexional para a protección dos dereitos humanos, a xustiza, o Estado de Dereito e a promoción da democracia.
  • Afianzar a confianza nos procesos electorais democráticos e aumentar a fiabilidade e a transparencia dos mesmos, en particular con misións de observación electoral.

Obxectivo específico da convocatoria

Na presente convocatoria defínense como obxectivos prioritarios:

  • Educar aos cidadáns e ás organizacións que traballen en temas de exercicio da liberdade de expresión e acceso á información pública.
  • Educar aos medios de comunicación sobre as organizacións da sociedade civil e/ou mellorar as relacións entre ambos.
  • Informar á cidadanía dos seus dereitos e dos mecanismos de protección dos mesmos.
  • Apoiar iniciativas para crear espazos de diálogo entre as organizacións de dereitos humanos e o goberno.
  • Reforzar ás organizacións da sociedade civil que traballen en temas de dereitos humanos.

Eidos de actuación

As accións deberán estar referidas a algún/s dos obxectivos específicos da convocatoria para Nicaragua arriba descritos.
Cada solicitante pode presentar máis dunha proposta aínda que só unha delas poderá ser subvencionada, figure este como beneficiario ou socio.
Estas actividades deben ser realizadas no Estado de Nicaragua.

Destinatarios

Persoas xurídicas (ou excepcionalmente entidades sen personalidade xurídica), que non posúan ánimo de lucro e con nacionalidade dun dos países membros da Unión Europea ou de Nicaragua.
Os destinatarios deben pertencer a algunha das seguintes categorías:
Organización da sociedade civil (incluídas as ONG´s, e as fundacións políticas independentes), organizacións locais, e axencias, institucións e organizacións do sector privado, centros de investigación e as redes destas organizacións que operan a nivel local, nacional, rexional ou internacional.
Darase prioridade ás que teñan a súa sede en Nicaragua, e ás que poidan cooperar con organizacións rexionais ou con sede en Europa.

Os solicitantes deberán ter estado rexistrados como tales polo menos durante os tres anos anteriores ao momento de presentar a solicitude, e deberán ser capaces de demostrar que, durante ese período polo menos, realizaron regularmente accións no ámbito dos dereitos humanos e do tipo das cubertas polo presente programa.

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou asociados.
Neste último caso, os socios (que deben cumprir os mesmos requisitos que o solicitante), deberán participar no deseño e a execución da acción, e os gastos nos que incorran serán susceptibles de recibir subvencións na mesma medida que os efectuados polo beneficiario da subvención.

Financiamento

As subvencións outorgadas dentro do programa estarán comprendidas entre 40.000 e 200.000 euros e non poderán ser superiores ao 80% do total dos custos elixibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada á presente convocatoria de propostas ascende a 600.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 12 meses nin superior a 36 meses.

Data límite de solicitude

23/02/2009

Documentación

Comentarios

Para a presentación da solicitude é obrigatorio inscribirse anteriormente no Servizo de Rexistro en Liña dos Solicitantes (Potential Applicant Data On-Line Registration, PADOR).
Unha lista de preguntas e respostas que poden resultar de interese, atópanse publicadas no sitio de Internet de EuropeAid e no sitio da Delegación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante