Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Instrumento Europeo para a Promoción da Democracia e dos Dereitos Humanos. Accións en Panamá.

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

Este concide co obxectivo do propio programa (IEDDH) de contribuír ao desenvolvemento e á consolidación da democracia e o Estado de Dereito, así como ao respecto de todos os dereitos humanos e das liberdades fundamentais. En concreto, poderíase enmarcar no obxectivo 2 da Estratexia IEDDH 2007-2010, que pretende reforzar o papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e das reformas democráticas. Búscase igualmente fomentar a conciliación pacífica dos intereses de diferentes grupos e a ampliación da participación e a representación políticas.

Obxectivo específico da convocatoria

Na presente convocatoria defínense como obxectivos prioritarios:

  • Apoiar iniciativas conxuntas de promoción dos dereitos humanos, centrándose especialmente no dereito de acceso á xustiza, asistencia legal, a transparencia do sistema público e de información para a poboación en xeral.
  • Fortalecer o papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos, a través de mecanismos innovadores de diálogo e de consenso.
  • Apoiar iniciativas conxuntas de promoción dunha reforma democrática, mellorando a representación da sociedade civil e combatendo a discriminación de grupos sociais vulnerables.

Eidos de actuación

Poderán ser financiadas actividades como as seguintes:

  • Formación e capacitación en materia de dereitos humanos, codificado en instrumentos e Convenios Internacionais.
  • Asistencia e apoio para a negociación nas mesas sectoriais onde a sociedade civil está en condicións de desvantaxe, especialmente indíxenas, mulleres, e mozos.
  • Actividades para promover a participación política.
  • Actividades de apoio ao acceso a xustiza, promoción e protección dos dereitos humanos e contra a discriminación.
  • Asistencia e apoio a redes institucionais de auditoria social e/ou de monitoreo E transformación de lexislacións e regulacións de estado, especialmente en dereitos sociais.

Cada solicitante pode presentar máis dunha proposta aínda que só unha delas poderá ser subvencionada, figure este como beneficiario ou socio.
Estas actividades deben ser realizadas, tanto a nivel nacional, rexional como local, na República de Panamá.

Destinatarios

Persoas xurídicas ou entidades sen personalidade xurídica, sen ánimo de lucro e con nacionalidade dun dos países membros da Unión Europea ou de Panamá ; que pertenzan a algunha das seguintes categorías:
Organización da sociedade civil (incluídas as ONG´s, e as fundacións políticas independentes), organizacións locais, e axencias, institucións e organizacións do sector privado, centros de investigación e as redes destas organizacións que operan a nivel local, nacional, rexional ou internacional.
Priorizaranse as que teñan a súa sede en Panamá, e quenes poidan cooperar con organizacións rexionais ou con sede en Europa.
Esíxese experiencia previa, en accións regulares no campo dos dereitos humanos (tres anos antes da data límite de presentación da proposta en países distintos a Panamá e dous no caso de este último).
Os solicitantes poderán actuar individualmente ou asociados.
Neste último caso, os socios (que deben cumprir os mesmos requisitos que o solicitante), deberán participar no deseño e a execución da acción, e os gastos nos que incorran serán subvencionables da mesma maneira que os efectuados polo beneficiario da subvención.

Financiamento

As subvencións outorgadas dentro do programa estarán comprendidas entre 25.000 e 100.000 euros e non poderán ser superiores ao 80% do total dos custos elixibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada á presente convocatoria de propostas ascende a 300.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 12 meses nin superior a 24 meses.

Data límite de solicitude

19/02/2009

Documentación

Comentarios

Para a presentación da solicitude é obrigatorio inscribirse anteriormente no Servizo de Rexistro en Liña dos Solicitantes (Potential Applicant Data On-Line Registration, PADOR).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante