Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa de mobilidade académica Intra-ACP África (Mwalimu Nyerere), Caribe e Pacífico - EACEA/45/12.

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral da convocatoria é promover o desenvolvemento sustentable e a mitigación da pobreza, incrementando a dispoñibilidade de man de obra profesional cualificada de alto nivel nos países de África, Caribe e o Pacífico. Mediante o reforzo da cooperación entre as institucións de formación superior (IFS) da rexión prétendese incrementar o acceso a unha educación de calidade que estimule aos estudantes e permítalles emprender estudos de posgrao. Ademais, trátase de procurar o mantemento dos estudantes na rexión e a mobilidade do persoal (académico e administrativo) grazas a unha maior competitividade e atractivo das propias institucións.

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria recolle os seguintes obxectivos específicos:
• Facilitar o acceso á educación superior dos estudantes, incluídos os de grupos en desvantaxe.
• Facilitar a cooperación sobre o recoñecemento de estudos e cualificacións.
• Contribuir á mellora da calidade da educación superior mediante o fomento da internacionalización, e a harmonización dos programas e currículos entre as institucións participantes.
• Mellorar a capacidade de cooperación internacional das IFS dos países de África, Caribe e o Pacífico.
• Promover a cooperación entre as institucións remitentes e hóspedes.
• Permitir aos estudantes, académicos e personal non docente beneficiarse tanto lingüística como cultural e profesionalmente da experiencia obtida grazas á mobilidade a outro país.
• Mellorar, a medio plazo, os vínculos políticos, culturais, educativos e económicos entre os países participantes.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea (UE) ou ben en terceiros países.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

A cantidade global indicativa a disposición desta convocatoria de propostas repartirase en dous lotes, o primeiro de 17,85 M€ destinado a África e o segundo, de 5, 6 M€ destinado ao Caribe e Pacífico. Este orzamento deberá facilitar aproximadamente 800 fluxos de mobilidade.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento global da convocatoria é de 23,45M€.

Duración do proxecto

A duración do proxecto variará entre 48 e 60 meses sobre a base das actividades previstas.

Data de publicación

19/02/2013

Data límite de solicitude

10/06/2013

Documentación

Contacto

Email: EACEA-intra-acp@ec.europa.eu
Dirección:
Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
Intra-ACP mobility scheme
Avenue du Bourget 1 (BOUR 02/31)
B – 1140 Brussels Belgium
Fax: +32-2-292.13.28

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante