Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axuda a cultura como vector de democracia e crecemento económico - EuropeAid/133529/C/ACT/Multi

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Apoiar a cultura como vector de democratización, diversidade e desenvolvemento socioeconómico. A convocatoria de propostas divídese en dous lotes que corresponden a dous obxectivos específicos de interese:
- Lote 1: Favorecer as expresión culturais que fomentes a diversidade, o diálogo intercultural e os dereitos humanos e culturais, no contexto de reconciliación, a resolución dos conflitos e a democratización
- Lote 2: Reforzar as capacidades dos axentes culturais para o desenvolvemento dun sector cultural dinámico que contribúa ao crecemento económico e ao desenvolvemento sostible

Obxectivo específico da convocatoria

Lote 1: Sensibilización e desenvolvemento das capacidades dos axentes culturais, estímulo da cooperación entre os axentes culturais, impulso as expresións culturais que fomentan os dereitos humanos e a loita contra todos os tipos de discriminación, apoio as iniciativas culturais que contribúen a reconciliación e a resolución pacífica dos conflitos, apoio as iniciativas culturais que fomenten a liberdade de expresión, especialmente para as minorías e a poboación marxinada, etc.

Lote 2: Creación dun entorno favorable a creatividade, a innovación, a profesionalización e o espírito emprendedor no sector cultural; apoio a estruturación e a consolidación de asociacións e redes profesionais, mellora da capacidade de formación técnica e profesional para crear vínculos máis fortes co sector privado, mellora das aptitudes e as competencias e dos axentes culturais que participan na creación, na produción, na distribución, na comercialización e na xestión dos bens e servizos culturais.

Eidos de actuación

As actividades ou xestións que participen deberán dispor da súa sede social no seguinte ámbito xeográfico: Terceiros países

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zoas de actuación de calquera dos seguintes tipos: Entidades Públicas

Financiamento

As subvencións solicitadas dentro desta Convocatoria de propostas estará comprendida entre os seguintes importes mínimos e máximos:
- Importe mínimo: 300 000 EUR
- Importe máximo: 1 000 000EUR

As subvencións solicitadas dentro desta Convocatoria de Propostas non poderán ser superiores ao 80% do total estimado dos custos flexibles da acción

Orzamento total da convocatoria

A previsión orzamentaria dispoñible para a convocatoria das propostas é de 22, 20M€

Data de publicación

31/10/2012

Data límite de solicitude

18/12/2012

Documentación

Contacto

European Commission
Desenvolvemento e cooperación
B - 1049 Bruxelas, Bélxica
(+32) 02 299 11 11
http://ec.europa.eu/europeaid/contact/contact_en.htm

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante