Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa de Sostibilidade Ambiental UE- China - EuropeAid/133582/L/ACT/CN

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Apoiar a China no seu esforzo de cumprir cos obxectivos do medio ambiente e contra o cambio climático definidos no 12º Plan Quinquenal de Desenvolvemento.
O obxectivo específico desta convocatoria de propostas é apoiar as autoridades chinas nos seus esforzos para lograr a sostibilidade do medio ambiente mediante a redución da auga contaminada e a contaminación por metais pesados e a aplicación de políticas sostibles

Obxectivo específico da convocatoria

Mellorar as augas superficiais, augas subterráneas e de calidade do auga potable nas áreas piloto a través da xestión da descarga da contaminación; Xestión sostible dos residuos sólidos; prevención da contaminación por metais pesados e control. Apoio as políticas e mecanismos de rede

Eidos de actuación

As entidades ou organización que participen deberán de dispoñer da súa sede social no seguinte ámbito xeográfico: Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE) e Países Candidatos

Destinatarios

Aberto as entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zoas de actuación de calquera dos seguintes tipos: Entidades públicas de todo tipo

Financiamento

Calquera tipo de beca solicitada Baixo esta convocatoria esta comprendida entre os seguintes máximos e mínimos:
- Porcentaxe mínimo: Non se aplicará ningún porcentaxe mínimo
- Porcentaxe máximo: O 80% dos custos elixibles da acción

O balance, contemplado como a diferenza entro o total dos custos da acción e da cantidade solicitada pola autoridade contratante, será financiada a partir dos recursos propios do solicitante, dos seus socios ou doutras fontes de financiamento diferentes ao Orzamento da Unión Europea ou do Fondo de Desenvolvemento Europeo

Orzamento total da convocatoria

A previsión orzamentaria dispoñible para a convocatoria das propostas é de 9,00 millóns de euros

Data de publicación

16/10/2012

Data límite de solicitude

14/12/2012

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Desenvolvemento e cooperación- Europe Aid
B- 1049 Bruxelas, Bélxica
(+32) 02 299 11 11
http://ec.europa.eu/europeaid/contact/contact_en.htm

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante