Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Investir nas persoas- Acción para a protección dos nenos – Violencia contra os nenos – EuropeAid/133527/C/ACT/Multi

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Contribuír a erradicación de toda forma de violencia contra os nenos

Obxectivo específico da convocatoria

• Acción sobre o terreo: O obxectivo de este lote é promover medidas estruturadas a nivel local e/ou nacional destinadas a detectar, previr ou responder a calquera forma de violencia contra os nenos, rehabilitar aos nenos e nenas vítimas de calquera forma de violencia
• Accións a nivel rexional: Loitar a nivel internacional contra todo tipo de violencia contra os nenos que afecte aos países con fronteiras comúns por exemplo, mediante o apoio a firma/ ratificación dos acordos e protocolos internacionais destinados a protexer aos nenos e garantir seus dereitos; mediante o apoio a adaptación ou a revisión dos marcos xurídicos nacionais e/ou dos planes nacionais de acción destinados a protexer e a aplicar os dereitos dos nenos

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no seguinte ámbito xeográfico: Terceiros países

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zoas de actuación de calquera dos seguintes tipos: Entidades públicas (todo tipo)

Financiamento

As subvencións outorgadas pola administración contratante non poderán ser superiores ao 80% do total estimado dos custos flexibles da acción

Orzamento total da convocatoria

A previsión do orzamento comunitario dispoñible para a convocatoria das propostas é de 41,00 millóns de euros

Data de publicación

15/10/2012

Data límite de solicitude

04/12/2012

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Desenvolvemento e cooperación- Europe Aid
B- 1049 Bruxelas, Bélxica
(+32) 02 299 11 11
http://ec.europa.eu/europeaid/contact/contact_en.htm

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante