Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa de cooperación ACP- UE de Ciencia e tecnoloxía II (S&T II) – EuropeAid/133437/D/ACT/Multi

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Os obxectivos globais desta convocatoria de propostas son:
1. Salvar a brecha científica e tecnolóxica entre os estados membros de África, Caribe e Pacífico (ACP) e os países máis industrializados
2. Reforzar a Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación (CTI) nos países ACP co obxecto de facilitar a súa creación, actualización e aplicación do saber científico
3. Mellorar o uso da CTI como factor determinante na redución da pobreza, crecemento e desenvolvemento socioeconómico

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico desta convocatoria de propostas é contribuír á creación e o fortalecemento das capacidades no campo da Ciencia, Tecnoloxía e a Innovación nos países ACP

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispor das súas sedes sociais no seguinte ámbito xeográfico: Unión Europea e terceiros países

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunhas das zoas de actuación de calquera dos seguintes tipos: Calquera tipo de organización

Financiamento

As subvencións dentro desta convocatoria de propostas estarán comprendidas entre os seguintes importes mínimos e máximos:
1. Importe mínimo: 300.000 euros
2. Importe máximo: 1.000.000 euros

En casos excepcionais, as propostas en materia de acceso á enerxía e eficiencia enerxética, así como da agricultura e seguridade alimentaria, poderán solicitar un importe máximo de 3.000.000 de euros, sempre que estea debidamente xustificado. Toda subvención solicitada dentro da convocatoria de propostas deberá estar limitada ao 85% do total.

O saldo (a diferenza entre os custos totais da acción e a da contribución solicitada á da administración contratante) deberá financiarse cos recursos propios do solicitante o dos seus socios ou a partir de fontes alleas o orzamento da Unión Europea ou ao Fondo Europeo de Desenvolvemento

Orzamento total da convocatoria

A previsión da financiación comunitaria dispoñible para a convocatoria das propostas é de 20,80 millóns de euros

Data de publicación

08/10/2012

Data límite de solicitude

07/02/2013

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Desenvolvemento e Cooperación - EuropeAid
B - 1049 Bruselas, Bélgica
(+32) 02 299 11 11
http://ec.europa.eu/europeaid/contact/contact_en.htm

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante