Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EuropeAid/132763/C/ACT/Multi - Programa Temático para o Medio Ambiente e a Xestión Sostible dos Recursos Naturais, incluída a Enerxía

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo do programa temático sobre o medio ambiente e a xestión sostible dos recursos naturais, incluídas a auga e a enerxía, será integrar os requisitos de protección do medio ambiente na política de desenvolvemento e outras políticas exteriores da Comunidade, así como contribuír a promover as políticas da Comunidade en materia de medio ambiente e enerxía no estranxeiro, en beneficio tanto da propia
Comunidade como dos países e rexións socios.

Eidos de actuación

O Programa plurianual 2011-2013 ten as seguintes prioridades:
Prioridade 1 Cambio climático e enerxía sostible;
Prioridade 2 Medio ambiente propicio ao desenvolvemento;
Prioridade 3 Mellora da gobernanza en materia de medio ambiente e de clima.

Destinatarios

A convocatoria está aberta aos axentes non estatais e a organizacións do sector privado.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas.

Financiamento

Importe da subvención comunitaria: Mínimo 500 000 euros Máximo - 3 000 000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 24,7 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non pode ser inferior a 24 meses nin superior a 60 meses

Documentación

Contacto

Para realizar preguntas relacionadas coa convocatoria envien un correo á seguinte dirección:
EuropeAid-ENRTP-Call@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante