Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EuropeAid/133224/M/ACT/Ao - Programa Transfronteirizo de Cooperación Albania - Kósovo (2010-2013)

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo global do Programa é fomentar o desenvolvemento sostible na rexión transfronteiriza. Os obxectivos específicos do Programa son os seguintes:

- Promover e estimular o desenvolvemento socio-económico da zona de programación a través da valorización do seu potencial económico;
- Apoiar as iniciativas e accións conxuntas encamiñadas á protección, promoción e xestión das tradicións e dos recursos culturais e naturais, e fomentar o desenvolvemento sostible do medio ambiente;
- Fomentar a cooperación entre as comunidades locais e os cidadáns, e fomentar a creación de redes e a creación de asociacións a través da fronteira;
- Fortalecer as capacidades das estruturas nacionais e conxuntos para xestionar os programas transfronteirizos;
- Aumentar a concienciación sobre as oportunidades de financiamento do Instrumento de Pre-adhesión;
- Fortalecer as capacidades dos solicitantes potenciais para preparar e executar proxectos.

Eidos de actuación

A presente convocatoria de propostas está establecida particularmente no marco do eixo prioritario 1 do Programa Transfronteirizo de Albania-Kósovo: Promoción do desenvolvemento sostible económico, social, cultural e ambiental. Este eixo prioritario levará a cabo a través de dúas medidas diferentes. Cada unha delas está dirixida especificamente aos obxectivos sinalados anteriormente:

- Medida 1.1: Desenvolvemento Sostible, Social, Económico e Medio Ambiental
- Medida 1.2: Cohesión Social e Intercambio Cultural a través de accións de persoa a persoa e de institución a institución

Destinatarios

O destinatario principal desta convocatoria son entidades sen animo de lucro.
É imprescindible que o beneficiario principal esté rexistrado en Albania ou Kósovo.

Socios

A presenza dun socio de Albania e outro de Kósovo é obrigatoria.

Financiamento

A cofinanciación está comprendida entre 50 e 85% dos gastos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 2,1 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración das actividades está comprendida entre 6 e 24 meses dependendo da medida que se trate.

Data de publicación

25/06/2012

Data límite de solicitude

25/09/2012

Documentación

Contacto

Para máis información relacionada á presente convocatoria envien un correo ao:
jts.albaniakosovo@gmail.com

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante