Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EuropeAid/132854/L/ACT/PS - Programa de actividades culturais - Cisxordania e a Franxa de Gaza

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta convocatoria de propostas é o reforzo da cooperación e integración rexional Sur-Sur a través da promoción da concienciación do diálogo de xénero e o intercambio entre culturas.
Os obxectivos específicos desta convocatoria de propostas son:

- A protección e promoción do patrimonio cultural palestino, a identidade e a vida cultural e a creación de concienciación tanto a nivel local como internacional
- A promoción da cooperación intercultural entre os Territorios Palestinos Ocupados, a Unión Europea e outros socios mediterráneos, para reforzar a visibilidade da Asociación Euromediterránea.

Eidos de actuación

As accións pódense enmarcar en todos os campos culturais que favorezan o diálogo entre a Unión Europea, os países socios mediterráneos e o territorio palestino ocupado, como o cine, teatro, danza, pintura, escultura, monicreques, poesía, música, contos, artesanía, etc.

Destinatarios

A presente convocatoria esta aberta para:
- Organizacións non gobernamentais
- Entidades públicas locais
- Entidades públicas rexionais
- Universidades

Financiamento

A cofinanciación na presente convocatoria esta comprendida entre o 51 e 80% dos gastos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 500.000 euros.

Duración do proxecto

A actividades deben empezar desde 1 de Xaneiro de 2013 e poden durar entre 5 e 12 meses.

Data de publicación

12/06/2012

Data límite de solicitude

13/08/2012

Documentación

Contacto

Para realizar preguntar relacionadas coa presente convocatoria, envien un correo ao:

DELEGATION-WEST-BANK-GAZA-CULTURE@ec.europa.eu

Comentarios

Todas as actividades deben ter lugar nos Territorios Palestinos Ocupados.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante