Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EuropeAid/133180/L/ACT/JO - Creación de capacidade da sociedade civil na mediación e o diálogo en Xordania

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta convocatoria de propostas é fortalecer a capacidade local e internacional para previr e mitigar as crises e responder de xeito máis eficaz e coherente á crise. Este obxectivo enmárcase dentro do Programa de Acción Anual 2011 que seguirá tratando de mobilizar a capacidade dos grupos para a consolidación da paz establecidos no Programa Indicativo e en plans de acción anuais anteriores.
O obxectivo específico da presente convocatoria de propostas é fortalecer a capacidade institucional e operativa dos actores da sociedade civil en Xordania no que respecta á mediación e o diálogo. A prioridade será fortalecer a capacidade institucional dos actores non estatais especializados na mediación e o diálogo entre as comunidades, así como a elaboración de directrices baseadas nas mellores prácticas e leccións apresas.

Eidos de actuación

As accións deben ser operacións autónomas, indicando un conxunto coherente de actividades con obxectivos claramente definidos de funcionamento, grupos destinatarios e resultados previstos e tanxibles, dentro dun prazo de tempo limitado. Deben ser deseñados en resposta á situación en Xordania e das necesidades específicas dos grupos de risco identificados polo proxecto.

Destinatarios

Todo tipo de entidades sen ánimo de lucro dos países da UE e de Xordania.

Socios

É imprescindible un socio de Xordania.

Financiamento

A cofinanciación prevista para esta convocatoria está comprendida entre 60 e 80% dos gastos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 400.000 euros.

Duración do proxecto

As actividades deben durar entre 12 e 36 meses.

Data de publicación

19/06/2012

Data límite de solicitude

16/09/2012

Documentación

Contacto

Para realizar preguntas relacionadas coa convocatoria, envien un correo ao:
Delegation-jordan@ec.europa.eu

Comentarios

Todas as actividades da presente convocatoria deben ter lugar en Xordania.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante