Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EuropeAid /133-111/L/ACT/MX Programa de actores non estatais 2012 México

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O Programa ANE/AL apoia o desenvolvemento e o fortalecemento das capacidades dos actores non estatais e as autoridades locais para facilitar a súa incidencia na definición das políticas públicas e dos procesos de desenvolvemento.

Obxectivo específico da convocatoria

Contribuír a aumentar o grado de cohesión, participación social e diálogo no país, a través dun papel fortalecido e activo dos ANE nas estratexias de cohesión social e os asuntos de interese público.

Eidos de actuación

1. Facilitar accións de incidencia, involucramento e participación dos ANE e da cidadanía na formulación, posta en marcha e seguimento de estratexias, políticas, prácticas e programas públicos no sector educativo (Lote 1)
2. Facilitar accións de incidencia, involucramento e participación dos ANE na formulación, posta en marcha e seguimento de políticas, prácticas e programas públicos nos sectores de seguridade cidadá e de procuración de xustiza. (Lote 2)
3. Facilitar accións de incidencia, involucramento e participación dos ANE no seguimento e a implementación de estratexias que favorezan o diálogo, a consulta e Guía para os solicitantes de subvencións, convocatoria a participación da cidadanía e dos actores da sociedade civil nos eidos que lles afectan, en particular nos eidos da cohesión social e da redución da pobreza (Lote 3)

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro, que sexan un Axente Non Estatal (ANE) constituídas conforme á lexislación en vigor en México ou nun Estado membro da Unión Europea.

Financiamento

A porcentaxe mínima de co- financiamento é o 50% do total estimado dos custos elixibles da acción e o máximo é do 90%.
Porén, para propostas presentadas por Actores Non Estatais europeos, a subvención non poderá ser superior ao 75% do total dos custos elixibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 2.000.000 euros.

Data de publicación

06/06/2012

Data límite de solicitude

23/07/2012

Documentación

Contacto

Email: DELEGATION-MEXICO-NSA@EEAS.EUROPA.EU

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante