Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EuropeAid/132762/C/ACT/Multi - Loita contra a impunidade

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta convocatoria de propostas é apoiar á sociedade civil nas súas accións para combater a impunidade no sentido amplo.
Os obxectivos específicos desta convocatoria de propostas son de dous tipos:

1. Accións da sociedade civil contra a tortura e outros tratos crueis, inhumanos ou degradantes
2. Accións da sociedade civil que promoven o funcionamento eficaz da Corte Penal Internacional e o sistema do Estatuto de Roma

Eidos de actuación

Lote 1. Accións da sociedade civil contra a tortura e outros tratos crueis, inhumanos ou degradantes: as accións dentro deste lote prestarán apoio aos proxectos da sociedade civil que contribúan a conseguir a prohibición absoluta da tortura, converténdose nunha realidade para todos. En última instancia, terán que garantir a rendición de contas da tortura e outros malos tratos en terceiros países.

Lote 2. Accións da sociedade civil que promoven o funcionamento eficaz da Corte Penal Internacional e o sistema do Estatuto de Roma.

As accións deben centrarse en polo menos unha das seguintes prioridades:
- A universalidade e a integridade do Estatuto de Roma
- A aplicación do principio de complementariedad
- A independencia e o funcionamento eficaz e eficiente da Corte Penal Internacional
- Cooperación coa Corte Penal Internacional
- As accións deben levar a cabo en polo menos dous países de fóra da UE.

Destinatarios

Calquera tipo de entidade sen ánimo de lucro ou persoas físicas. Lean atentamente a guía da convocatoria.

Socios

Non hai un número mínimo de socios.

Financiamento

A cofinanciación é de 80%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 22,2 millóns de euros.

Duración do proxecto

As actividades poden durar entre 24 e 36 meses e débense de desenvolver en polo menos dous países fóra da UE.

Data de publicación

04/06/2012

Data límite de solicitude

20/07/2012

Documentación

Contacto

Por obter máis información acerca da convocatoria, envien un correo ao:
EuropeAid-EIDHR132762@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante