Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EuropeAid/132845/L/ACT/CO - Convocatoria de propostas - Esquema de apoio a países (CBSS) - Colombia

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral desta Convocatoria de Propostas é contribuír ao establecemento de medidas efectivas para erradicar a utilización de Nenos, Nenas e Adolescentes de calquera forma en exércitos e grupos armados, apoiando accións para a prevención, a protección, a reparación e as garantías de non repetición en canto ás principais afectacións dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes como consecuencia das violacións de dereitos humanos e ao dereito internacional humanitario no marco do conflito armado interno en Colombia.
Nesta convocatoria promoverase a implementación das Directrices da UE sobre os Nenos e os Conflitos Armados e en particular tendo en conta a Estratexia revisada para a súa implementación (Revised Implementation Strategy of the EU Guidelines on Children and Armed Conflict) a cal foi adoptada en decembro de 2010, logo dunha ampla consulta nos 19 países prioritarios e é a folla de ruta actual para as accións da Unión Europea neste campo. É importante destacar que Colombia foi incluída dentro dos 19 países prioritarios na Estratexia de 2006, e continua na Estratexia 2010.

Eidos de actuación

As accións poden relacionarse cunha ou varias das áreas seguintes:
Recadación de información, investigación e incidencia local, nacional e internacional,
Prevención,
Protección,
Reparación Integral e construción de paz.

Destinatarios

Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos para poder optar a unha subvención:
- ser unha persoa xurídica,
- non ter ánimo de lucro, e
ser calquera tipo de entidade pública ou privada de Colombia ou dos EEMM incluídos Islandia, Liechtenstein, Noruega por unha banda e Croacia, Turquía ou Antiga República Iugoslava de Macedonia.

Socios

Non hai un número mínimo ou máximo de socios.

Financiamento

A cofinaciación no caso desta convocatoria varía entre 60% e 90% dos gastos elegibles, segundo casos.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento orientativo da presente convocatoria é de 600.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 18 (dezaoito) meses nin superior a veintiseis (26) meses.

Data de publicación

25/04/2012

Data límite de solicitude

26/07/2012

Documentación

Contacto

Todas as cuestións relativas á inscrición en PADOR deben ser dirixidas ao servizo técnico de PADOR:

Europeaid-pador@ec.europa.eu

Para outro tipo de preguntas relacionadas coa convocatoria envien un correo ao:

DELEGATION-COLOMBIA-LICITACIÓNSeeas.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante