Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)
O obxectivo global desta Convocatoria de Propostas é aumentar a participación dos interesados clave dos países en desenvolvemento nos procesos de toma de decisións sobre seguridade alimentaria e nutrición.
O obxectivo específico desta Convocatoria de Propostas é reforzar as capacidades de grupos específicos (organizacións de agricultores, pastores, pescadores) para incrementar a súa participación na elaboración das políticas que afectan á seguridade alimentaria e a nutrición.
Esta convocatoria divídese en dous lotes:
Persoas xurídicas sen ánimo de lucro que sexan actores non estatais, organismos públicos e semipúblicos ou organizacións intergubernamentais rexionais e internacionais. Ademais, deberán cumprir os requisitos de nacionalidade previstos na Guía do Solicitante.
Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas.
Como norma xeral as subvencións estarán limitadas ao 80% dos custos elegibles da acción, tendo en conta que as mesmas oscilarán ademais entre as seguintes cantidades:
O orzamento desta Convocatoria será de 20 millóns e repartirase de xeito que 8 millóns se destinen ao Lote 1 e 12 millóns ao Lote 2.
A duración prevista dunha acción non pode ser inferior a 24 meses nin superior a 60 meses.
15/11/2011
07/02/2012
Os solicitantes poderán enviar as súas preguntas relativas ao formulario completo de solicitude a EuropeAid-FoodSecurity-Applications@ec.europa.eu
Esta é unha convocatoria de propostas restrinxida. En primeira instancia, soamente deben presentarse os documentos de síntese para a súa avaliación. Posteriormente, aos solicitantes cuxos documentos de síntese sexan preseleccionados invitaráselles a presentar un formulario de solicitude completo.
Os documentos de síntese deben enviarse só por e-mail á seguinte dirección: EuropeAid-FoodSecurity-Applications@ec.europa.eu