Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Actores non estatais e autoridades locais no desenvolvemento. Autoridades locais. Convocatoria 2011

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo global da presente Convocatoria de Propostas é apoiar accións multi-país, propostas e executadas por autoridades locais (AL) e asociacións de autoridades locais (AAL) dos Estados membros da UE e os países socios co fin de reforzar ás AL e AAL na definición de políticas públicas e promover/apoiar un diálogo incluinte e estruturado coas súas comunidades e en foros multi-actores.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta Convocatoria serán:

  • Apoiar proxectos de Organizacións da Sociedade Civil e Autoridades Locais executados en dous ou máis países socios (accións plurinacionais).
  • Sensibilizar e educar para o desenvolvemento na UE e nos países adherentes.

Eidos de actuación

As accións a levar a cabo son diferentes en función do obxectivo que persigan:

  • Para o apoio a proxectos plurinacionais de OSC e AL levarán a cabo accións relativas ao desenvolvemento da capacidade institucional destas asociacións, así como á promoción da cooperación descentralizada dentro dos eidos de responsabilidade, competencia e experiencia das Autoridades Locais.

  • Para lograr o obxectivo de educar e sensibilizar á opinión pública sobre as cuestións de desenvolvemento en Europa levarán a cabo accións destinadas prioritariamente á mellora dos coñecementos globais en cuestións de desenvolvemento e ao desenvolvemento de campañas relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento.

Destinatarios

Persoas xurídicas que sexan autoridades locais ou asociacións de autoridades locais dun Estado membro da Unión Europea.
No caso do Lote 1 tamén os que sexan nacionais dun dos países socios nos que se executará a acción.
No caso do Lote 2 tamén os que sexan nacionais dos países adherentes.

Socios

Os socios deberán reunir os requisitos de elexibilidade esixibles ao beneficiario.

Financiamento

Con respecto aos proxectos desenvolvidos no marco do Lote 1 ”Apoio ás autoridades locais e asociacións de autoridades locais nos países socios” a cantidade a subvencionar estará entre os 500 000 e 1 500 000 euros.

Con respecto aos proxectos desenvolvidos no marco do Lote 2 ”Educación para o Desenvolvemento e Sensibilización da opinión pública sobre as cuestións de desenvolvemento en Europa” a cantidade a subvencionar estará entre os 100 000 e 1 000 000 euros.
Neste Lote o 20 % das dotacións financeiras dos fondos dispoñibles asignaranse preferentemente ás accións propostas e executadas por AL ou AAL dos doce novos Estados membros da UE (UE 12) propostas por organismos orixinarios deses países.

En ámbolos dous casos, a porcentaxe máxima a cubrir por estas subvencións oscilará entre o 75% e o 100% do total estimado dos custos elexibles, dependendo da entidade que leve a cabo o proxecto (ver Guía do solicitante).

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria ascende a 16 240 520 euros, destinándose un total de 6 470 677 euros ao primeiro lote (primeiro obxectivo específico) e un total de 9 769 843 euros ao segundo.

Duración do proxecto

A duración das accións no Lote 1 non poderá ser inferior a 24 meses nin superior a 60 meses.

A duración das accións no Lote 2 non poderá ser inferior a 12 meses nin superior a 36 meses.

Data de publicación

03/11/2011

Data límite de solicitude

01/02/2012

Documentación

Contacto

Os documentos de síntese deberán enviarse unicamente por correo electrónico á seguinte dirección: EuropeAidLa@ec.europa.eu.

Comentarios

Esta é unha convocatoria de propostas restrinxida. En primeira instancia, soamente deben presentarse os documentos de síntese para a súa avaliación. Posteriormente, aos solicitantes cuxos documentos de sínteses fosen preseleccionados convidaráselles a presentar un formulario de solicitude completo.

As preguntas relativas ao formulario completo de solicitude poderán remitirse a EuropeAid-Globalcalls@ec.europa.eu, indicando claramente a referencia da convocatoria de propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante