Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para Axentes Non Estatais e Autoridades Locais no Desenvolvemento. Accións en Arxentina

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo global deste programa é beneficiar á poboación máis pobre con menos recursos e contribuír á redución da pobreza e das desigualdades no contexto do desenvolvemento sostible.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria terá como obxectivo específico desenvolver mecanismos de comunicación en redes entre autoridades locais e organizacións da sociedade civil, maximizando un impacto durable e sostible das accións locais en materia de redución da pobreza e as desigualdades.

Eidos de actuación

As prioridades elexibles da presente convocatoria serán
os tres temas sectoriais seguintes:

  • Medio ambiente e problemáticas da integración social.

  • Novos nos procesos democráticos do desenvolvemento sostible.

  • Xestión/administración pública do impacto social dos desastres naturais sobre os grupos máis vulnerables.

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro constituidas como Autoridades Locais segundo a lexislación en vigor.

Socios

Ademais das Autoridades Locais, son elexibles tamén como socios os Actores Non Estatais de nacionalidade arxentina. Os solicitantes de Estados membro só poderán actuar como colaboradores.

Financiamento

As subvencións solicitadas dentro desta Convocatoria de Propostas estarán comprendidas entre os 100.000 e os 150.000 euros. A porcentaxe mínima de financiamento será do 50%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 300.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista inicial dunha acción non poderá ser inferior a 18 meses nen superior a 36 meses.

Data de publicación

01/11/2011

Data límite de solicitude

05/01/2012

Documentación

Contacto

Delegación de la Unión Europea en Argentina
Ayacucho 1537
C1112AAA Ciudad Autónoma de Buenos Aires
Argentina

Comentarios

A presente Convocatoria de Propostas é restrinxida. Nun primeiro momento só poderán presentarse os Documentos de Síntese para a súa avaliación. Posteriormente, os solicitantes cuxos Documentos de Síntese fosen preseleccionados serán convidados a presentar unha solicitude completa.

Poderá obter información adicional na seguinte dirección: delegation-argentina-convoca-AL@eeas.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante