Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Sensibilizar ao público sobre cuestións de desenvolvemento e promover a educación para o desenvolvemento na Unión Europea

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Apoio ás accións da UE e os países adheridos co obxectivo de sensibilizar ao público sobre as cuestións de desenvolvemento e promover a educación para o desenvolvemento, de mobilizar máis apoio nas accións contra a pobreza e unhas relacións máis xustas entre países desenvolvidos e países en desenvolvemento, así como cambiar as actitudes cara aos problemas e as dificultades a que se enfrontan os países en desenvolvemento e os seus pobos.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico será desenvolver a conciencia dos cidadáns europeos e a comprensión do seu papel nun mundo interdependiente, e para apoiar a súa participación activa en esforzos globais para erradicar a pobreza, e promover a xustiza, os dereitos humanos, e formas de vida sostibles.

Eidos de actuación

Dentro desta convocatoria de propostas recóllense tres tipos de proxectos diferentes:

  • Proxectos de aprendizaxe global dentro do sistema de educación formal.
  • Proxectos de aprendizaxe global fora do sistema de educación formal.
  • Campañas e proxectos de promoción

Destinatarios

Persoas legais sen ánimo de lucro que pertenzan a un Estado membro e que teñan a categoría de Actores Non Estatais.

Socios

Os solicitantes poderán actuar sós ou con organizacións asociadas, nos termos previstos na Guía do solicitante.

Financiamento

As subvencións outorgadas baixo esta convocatoria de propostas estarán comprendidas entre os 100.000 euros e 1.000.000 de euros, aínda que excepcionalmente a Comisión Europea pode incrementar o límite máximo ata os 5 millóns de euros.

Como norma xeral a porcentaxe máxima de subvención será o 75%, non obstante, no caso dos 12 novos Estados membros poderá chegar ata o 90%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da presente convocatoria de propostas será de 27,121.500 euros.

A cantidade destinada para cada tipo de proxecto será de 9.040.500

Duración do proxecto

A duración prevista inicial estará entre os 12 meses e os 36 meses.

Data de publicación

01/10/2011

Data límite de solicitude

21/11/2011

Documentación

Comentarios

Antes do 21 de novembro deben remitirse únicamente as Notas de Síntese que serán enviadas á seguinte dirección: EuropeAid-DEAR@ec.europa.eu

Poderán consultarse as dúbidas ao respecto desta convocatoria na seguinte dirección de correo: EuropeAid-GlobalCalls@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante