Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Gobernabilidade local en Nicaragua

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta Convocatoria de Propostas é contribuír ao fortalecemento da gobernabilidade local ambiental para promover un desenvolvemento socio-económico sustentable da conca do Lago Cocibolca.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico desta Convocatoria de Propostas é desenvolver iniciativas locais de xestión ambiental inclusivas, participativas e transparentes que contribúan ao desenvolvo socio-económico local e ao manexo sustentable de recursos naturais nos departamentos de Rivas e Río San Juan.

Eidos de actuación

As prioridades da Convocatoria a Propostas son:

1. Fortalecemento da xestión ambiental dos municipios mediante a aplicación de instrumentos e procesos participativos, transparentes e xeradores de responsabilidade mutua.
2. Execución de accións participativas e inclusivas recollidas nos Plans Ambientais Municipais ou Plans de Desenvolvemento Municipal cun impacto significativo no medioambiente, vinculadas ao manexo intermunicipal de concas e a política ambiental que impulsa MARENA .
3. Apoio a mecanismos innovadores e accións de concertación para a xestión sustentable de actividades económicas, impulsando alianzas publico-privadas.
4. Desenvolvemento de iniciativas xeradoras de ingresos para os gobernos municipais a través dunha xestión sustentable dos recursos naturais e o uso do territorio, de acordo a criterios de equidade e transparencia.
5. Apoio á participación e o control social na xestión ambiental municipal, impulsando o desenvolvemento de capacidades e a sensibilización dos cidadáns.

Destinatarios

Poderán participar tanto Alcaldías como os Axentes non Estatais que sexan persoas xurídicas sen ánimo de lucro.

Socios

Os solicitantes deberán actuar con organizacións asociadas, aínda que non se establece un número mínimo.

Financiamento

As subvencións solicitadas dentro desta Convocatoria de Propostas estarán comprendidas entre os 50.000 e os 150.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada á presente Convocatoria de Propostas ascende a 1.300.000 euros, dos que corresponderán aos Axentes non Estatais 300.000 euros e o restante irá destinado ás alcaldías.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 12 meses nen superior a 24 meses.

Data de publicación

22/09/2011

Data límite de solicitude

04/01/2012

Documentación

Contacto

Delegación de la Unión Europea en Nicaragua
Carretera Masaya, del Colegio Teresiano 1c Este
Apartado Postal 2654
Atención del Jefe de la Sección Finanzas y Contratos
Managua, Nicaragua

Comentarios

Na presente Convocatoria de Propostas, cada solicitante pode presentar máis dunha solicitude.
As dúbidas sobre a presente convocatoria poderán dirixirse á seguinte dirección: DELEGATION-NICARAGUA-RECEPCION@eeas.europa.eu

É obrigatorio o rexistro previo en PADOR.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante