Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Mellora condicións poboación desprazada en Colombia

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta Convocatoria de Propostas é “Fortalecer condicións para o desenvolvemento, a paz e a reconciliación, mediante procesos que promoven o desenvolvemento humano, territorial, alternativo e socioeconómico para poboación desprazada e comunidades receptoras”.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico desta Convocatoria de Propostas é asistir ás comunidades e autoridades locais en zonas afectadas pola violencia, a través de iniciativas sociais, políticas e económicas requiridas para promover un desenvolvemento rexional incluinte e unha coexistencia pacífica.

Eidos de actuación

A partir desta Convocatoria, financiaranse accións encamiñadas a:

  • A xeración de ingresos e emprego que busquen desenvolver estratexias que favorezan a mellora da calidade de vida da Poboación Desprazada e favorecendo a súa inclusión dentro da sociedade colombiana.
  • Analizar e enfocar outros temas estruturais que afectan a reinstalación da poboación desprazada, particularmente os sectores de habitabilidade, a través de accións que xeren insumos que favorezan a súa implementación.
  • Fortalecer o Desenvolvemento Comunitario, asociativo e participativo das comunidades desprazadas e de acollida co fin de promover a cohesión social e o fortalecemento das organizacións comunitarias.

Destinatarios

Persoas xurídicas que leven como mínimo 6 anos constituídas e que non teñan ánimo de lucro. Deben ser nacionais dun Estado membro da UE ou de nacionalidade colombiana.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas.

Financiamento

As subvencións solicitadas dentro desta Convocatoria de Propostas estarán comprendidas entre os 600.000 e 1200.000 euros. Como mínimo a subvención outorgada será do 60% dos custos elexibles e como máximo do 90%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da presente convocatoria será de 8 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración prevista inicial dunha acción non poderá ser inferior a 20 meses nin superior a 24 meses.

Data de publicación

09/09/2011

Data límite de solicitude

08/11/2011

Documentación

Contacto

Grupo de Trabajo Paz, Desarrollo y Estabilización
Calle 16 nº 6 – 66 Piso 12 Acción Social
Colombia - Bogotá, DC

Comentarios

As dúbidas con respecto á convocatoria poderán consultarse na seguinte dirección: DRPEI@accionsocial.gov.co.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante