Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Promoción dunha Cultura Empresarial Socialmente Responsable en Nicaragua

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta Convocatoria de propostas é promover unha cultura empresarial socialmente responsable nos emprendedores e empresarios de pemes de Nicaragua.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico desta Convocatoria de propostas é fomentar emprendementos produtivos socialmente responsables por parte de pemes con impactos cara á comunidade.

Eidos de actuación

As Actividades que poden financiarse no marco da presente convocatoria son: capacitación e asistencia técnica; formación e capacitación; intercambio de experiencias; equipos, subministracións e obras menores en vinculación directa cos obxectivos da proposta e finalmente actividades de información e visibilidade.

Destinatarios

Persoas xurídicas (rexistradas polo menos un ano antes) que non teñan ánimo de lucro. Poderán participar tanto asociacións empresariais como administracións públicas que pertenzan a un Estado membro ou país elexible.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas.

Financiamento

As subvencións outorgadas estarán entre o 50% e o 83% dos custos elexibles da acción. En todo caso as cantidades outorgadas non serán inferiores a 7500 euros nin superiores a 15000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da convocatoria será de 90.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a 12 meses.

Data de publicación

09/09/2011

Data límite de solicitude

24/10/2011

Documentación

Contacto

Lic. Marcia Casco Mendieta
Directora de la Dirección General de Fomento Empresarial
Ministerio de Fomento Industria y Comercio
Km. 6 Carretera a Masaya, Managua

Comentarios

As accións executaranse no territorio da República de Nicaragua.

Poderán enviarse consultas ao respecto desta convocatoria á seguinte dirección de correo: prameclin@mific.gob.ni

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante