Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para Axentes Non Estatais e Autoridades Locais no Desenvolvemento. Accións en Arxentina

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta convocatoria de propostas é o apoio a Actores Non Estatais co fin de que contribúan a reducir a exclusión social e a marxinalización a través a promoción da cohesión social, o dialogo e unha mellor participación na formulación das políticas publicas, xogando un papel importante na redución da brecha social en Arxentina que rexistra, a pesar de ser un país de renda media-alta, altos niveis de desigualdade social e económica.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta Convocatoria de Propostas son:

  • Mellorar as capacidades técnicas, operacionais e de xestión dos Actores Non Estatais que teñen como obxectivo promover o recoñecemento dos dereitos e as peticións dos grupos vulnerables e marxinados así como a súa participación en programas para a cohesión social e estratexias de desenvolvemento local.

  • Promover as accións dos Actores Non Estatais a nivel local, rexional e nacional cuxo obxectivo sexa a inclusión nas políticas públicas arxentinas e nos procesos de toma de decisións nos tres niveles do Estado do recoñecemento dos dereitos e as demandas dos grupos e colectivos vulnerables e marxinados da sociedade arxentina.

  • Crear plataformas e redes para diálogo co fin de construír estratexias de incidencia nestes temas, fortalecendo a participación dos sectores mais excluídos e marxinados da poboación Arxentina na formulación das políticas públicas e a rendición pública de contas. Priorizaranse as plataformas e redes lideradas por Actores Non Estatais nas provincias con menor índice de desenvolvemento de Arxentina.

Eidos de actuación

As accións executaranse no territorio da República Arxentina e comprenderán accións que contribúan á redución da exclusión social e á marxinalización en Arxentina a través a promoción da cohesión social, o diálogo e unha mellor participación na formulación das políticas públicas.

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro que fosen constituídas como Actor Estatal conforme á lexislación en vigor en Arxentina ou nun Estado membro da Unión Europea.

Socios

Os solicitantes deberán actuar con organizacións asociadas.Para accións presentadas por organizacións arxentinas ou europeas, será obrigatoria a asociación con polo menos outras dúas organizacións baseadas e rexistradas en Arxentina.

Financiamento

As subvencións solicitadas dentro desta Convocatoria de Propostas estarán comprendidas entre os 120.000 e os 300.000 euros.

A porcentaxe mínima de financiamento será do 50% e o máximo do 90% dos custos elegibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da convocatoria será de 700.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista inicial dunha acción non poderá ser inferior a 12 meses nin superior a 24 meses.

Data de publicación

02/09/2011

Data límite de solicitude

01/11/2011

Documentación

Contacto

Delegación de la Unión Europea en Argentina
Ayacucho 1537
C1112AAA Ciudad Autónoma de Buenos Aires
Argentina

Comentarios

As preguntas sobre esta convocatoria poderán remitirse á seguinte dirección: delegation-arxentina-convoca-Ane@ec.europa.eu

A presente Convocatoria de Propostas é restrinxida. Nun primeiro momento só poderán presentarse os Documentos de Síntese para a súa avaliación. Posteriormente, os solicitantes cuxos Documentos de Síntese fosen preseleccionados serán convidados a presentar unha Solicitude Completa.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante