Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para Axentes non Estatais 2011. Accións en Venezuela

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo primordial deste programa é a redución da pobreza no contexto do desenvolvemento sustentable, incluíndo o cumprimento das Metas do Desenvolvemento do Milenio e outros obxectivos acordados internacionalmente.

Eidos de actuación

Nesta convocatoria de propostas darase prioridade a :

  • Reforzar organizacións da sociedade civíl e a democracia de base.

  • Incrementar a conciencia pública e o apoio á sociedade civíl

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro que sexan Actores Non Estatais nun Estado membro da Unión Europea ou en Venezuela.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas.

Financiamento

As subvencións solicitadas dentro desta Convocatoria de Propostas estarán comprendidas entre 250 000 euros e 500 000 euros.
As subvencións outorgadas dentro desta Convocatoria de Propostas estarán comprendidas entre a porcentaxe mínima do 50% e as porcentaxes máximas do 75% (Axentes Non Estatais europeos) e 90% (Axentes Non Estatais venezolanos).

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total de esta convocatoria é de 2 300 000 euros

Duración do proxecto

A duración da acción prevista non poderá ser inferior a 18 nen superior a 60 meses.

Data de publicación

18/07/2011

Data límite de solicitude

17/10/2011

Documentación

Contacto

Edificio Delegación de la Unión Europea
Avenida Orinoco, Las Mercedes
Caracas 1060
Venezuela

Comentarios

As dúbidas con respecto á presente convocatoria serán enviadas á seguinte dirección de correo: DELEGATION-VENEZUELA-ANE@eeas.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante