Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais no desenvolvemento. Convocatoria restrinxida de propostas 2011 para ONGs

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral desta convocatoria de propostas, en liña coa estratexia de 2011-2013, o Programa de Acción Anual 2011 e as conclusións dO Diálogo Estruturado, é apoiar as accións encamiñadas a facilitar un diálogo estruturado entre as redes europeas da sociedade civil activas na cooperación ao desenvolvemento fóra da UE e as institucións da UE e no fortalecemento das plataformas representativas.

Eidos de actuación

Serán prioritarias as accións que contribúan:

- a mellorar a coordinación e o diálogo entre as plataformas europeas representativas de axentes non estatais e as institucións europeas.

- ao fortalecemento das plataformas dos actores non estatais de representación organizadas a nivel europeo na súa capacidade para recoller as opinións dos seus electores e actuar como un socio estratéxico para as institucións da UE.

Destinatarios

Persoas legais sen ánimo de lucro que estean constituídas como Actores Non Estatais ou como Plataforma representativa dos mesmos. Ademais deben ser nacionais dun Estado membro da Unión Europea ou dun dos participantes neste programa.

Socios

Se a acción é levada a cabo por unha Plataforma con entidade legal poderá actuar individualmente ou con socios.

Financiamento

Ningunha subvención baixo esta Convocatoria superará o 75% dos custos elexibles da acción.

As cantidades subvencionadas oscilarán entre un mínimo de 100.000 euros e un máximo de 600.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 3,174,500 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista para estas accións oscilará entre os 12 e os 36 meses.

Data de publicación

01/07/2011

Data límite de solicitude

15/09/2011

Documentación

Contacto

EuropeAid-COORD@ec.europa.eu

Comentarios

Poderá consultar calquer dúbida na seguinte dirección: EuropeAid-GlobalCalls@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante