Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa Microcréditos UE-ACP II

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta convocatoria de propostas é o desenvolvemento de sistemas financeiros adaptados ás necesidades dos países pobres. Esto implica apoiar a oferta responsable e a entrega de servizos financeiros aos que aínda están excluídos do acceso aos servizos financeiros axeitados, e a captación de coñecementos destes servizos polos clientes potenciais. Esto implica un apoio tanto polo lado da oferta (proveedores de servizos financeiros e as súas institucións de apoio) como para a demanda (clientes).

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta convocatoria de propostas son:

- Facilitar o acceso ao financiamento das comunidades exluídas do sistema financeiro, incluíndo ás poboacións máis vulnerables.
- Mellorar a capacidade das institucónes, en particular na xestión financeira e do risco.
- Construír a capacidade dos clientes dos microcréditos dos países ACP.

Eidos de actuación

As accións levadas a cabo baixo esta Convocatoria irán orientadas a crear solucións innovadoras, sobre todo relacionadas co uso das tecnoloxías que permitar a integración de poboacións vulnerables.
Ademais, o programa ten como obxectivo o empoderamento local que sirva de base para unha actividade de microcréditos sustentable a nivel local.

Destinatarios

Persoas legais que fosen rexistradas como mínimo tres anos antes e que pertenzan a un dos Estados membros da Unión Europea ou dun país elexible dalgún país ACP.
Ademais deben ser organizacións específicas do ámbito financeiro.

Socios

Os solicitantes poderán actuar sós ou con organizacións asociadas, que cumpran os requisitos previstos na Guía do solicitante.

Financiamento

As axudas concedidas baixo esta Convocatoria estarán limitadas ao 80% dos custos subvencionables.
A cantidade subvencionable será como mínimo de 250.000 euros e como máximo de 800.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total ascende a 7.500.000 euros

Duración do proxecto

La duración estimada de cada acción estará entre os 6 e os 36 meses.

Data de publicación

16/06/2011

Data límite de solicitude

01/08/2011

Documentación

Contacto

ACP Secretariat
Av Georges Henri 451
B-1200 Brussels
Belgium

Comentarios

Trátase dunha Convocatoria de propostas restrinxida e polo tanto na primeira fase só se recibirán os Documentos de Síntese.

Pode consultar as súas dúbidas en info@euacpmicrofinance.org
Fax: +32 2 218 31 41

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante