Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Fortalecer a gremios e/ou asociacións empresariais representativas de ramas produtivas non agropecuarias en Nicaragua

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral será fortalecer a gremios e/ou asociacións empresariais representativas de ramas produtivas non agropecuarias para mellorar e descentralizar a súa oferta de Servizos de Desenvolvemento Empresarial

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico será incrementar a calidade, a pertinencia, a eficiencia e a cobertura dos Servizos de Desenvolvemento Empresarial (SDE) que os gremios e asociacións empresariais non agropecuarias, prestan aos seus asociados

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro que pertenzan a unha das organizacións que se recollen na convocatoria. Estas organizacións deberán desenvolver accións orientadas a prestar Servizos de Desenvolvemento Empresarial.
Deberán ter nacionalidade dun dos Estados membros ou dun país ou territorio que entre dentro do eido de aplicación deste programa.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas

Financiamento

As subvencións non poderán ser inferiores ao 50 % dos custos elexibles totais da acción ou ao proxecto nin superiores ao 83% dos mesmos. Ademais deberán estar comprendidas entre as cantidades mínimas e máximas que para cada acción se fixen na convocatoria.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da presente convocatoria ascende a 350.000 euros

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción ou proxecto non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a 18 meses

Data de publicación

23/05/2011

Data límite de solicitude

12/07/2011

Documentación

Contacto

Dirección General de Fomento Empresarial
Programa de Apoyo a la Mejora del Clima de Negocios e Inversiones en Nicaragua
Ministerio de Fomento Industria y Comercio
Km. 6 Carretera a Masaya, Managua

Comentarios

Poderán consultarse as dúbidas na seguinte dirección de correo: prameclin@mific.gob.ni

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante