Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en Guatemala

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo primordial deste programa é a redución da pobreza no contexto do desenvolvemento sustentable, incluíndo o cumprimento das Metas de Desenvolvemento do Milenio e outros obxectivos acordados internacionalmente.

Obxectivo específico da convocatoria

O programa temático ten por obxectivo apoiar ás organizacións da sociedade civil nas accións encamiñadas a promover unha sociedade integradora e autónoma, a fin de:
- beneficiar á poboación que se atope fóra do alcance dos servizos xerais e dos recursos e excluídos dos procesos de decisión,
-fortalecer a capacidade das organizacións da sociedade civil de Guatemala, para facilitar a súa participación na definición e aplicación da redución da pobreza e as estratexias de desenvolvemento sustentable,
-facilitar a interacción entre o Estado e os actores non estatais en diferentes contextos e impulsar un maior diálogo para o desenvolvemento.

Eidos de actuación

As prioridades defínense en función dos sectores nos cales o diálogo político da sociedade civil organizada de Guatemala atopa limitacións para avanzar:
- apoio para incrementar, mellorar e consolidar as capacidades de participación efectiva dos actores non estatais e das redes de organizacións de Guatemala dentro do proceso de diálogo político;
- accións para desenvolver ou fortalecer as capacidades da sociedade civil nos procesos de monitoreo e seguimento do investimento e implementación de políticas publicas;
- promoción dun marco xurídico/político que fomente de maneira sustentable o emprego xuvenil, o emprego decente, apoio a instancias consultivas da sociedade, con impacto importante no tema;
- promoción e vixilancia do cumprimento dos Acordos, Tratados, normas e regulacións asumidos por Guatemala.

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro que sexan actores non estatais de orixe guatemalteca ou dun dos países membros da Unión Europea.
Todos os actores non estatais deben estar oficialmente rexistrados e ser responsables directamente da implementación dos proxectos.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas, neste caso, cos requisitos que para as mesmas determina a Guía do Solicitante.

Financiamento

As subvencións non poderán exceder o 75 % do total dos custos elexibles da acción cando o solicitante sexa un actor non estatal europeo e dun 90% se se trata dun actor non estatal dos países beneficiarios.
O importe mínimo a subvencionar serán 100 000 euros e o máximo 400 000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total de esta convocatoria ascende a 2 000 000 de euros

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 12 meses nen superior a 42 meses.

Data de publicación

01/04/2011

Data límite de solicitude

04/07/2011

Documentación

Contacto

Delegación da Unión Europea en Guatemala
Edificio Europlaza
5 Av. 5-55, Zona 14
Torre II, Nivel 17
Ciudad de Guatemala


Para máis información sobre a convocatoria:
DELEGATION-GUATEMALA-NSA@ec.europa.eu
DELEGATION-GUATEMALA-NSA@eeas.europa.eu

Comentarios

Esta convocatoria é unha convocatoria de propostas aberta na que todos os documentos se presentan nunha mesma fase. Con todo, nun primeiro momento só se avaliarán os documentos de síntese. Posteriormente, avaliarase a proposta completa daqueles solicitantes cuxos documentos de sínteses fosen preseleccionados.


O rexistro previo en PADOR é obrigatorio para a presente convocatoria de propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante