Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Autoridades locais no desenvolvemento. Accións en Venezuela

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo primordial deste programa é a redución da pobreza no contexto do desenvolvemento sustentable, incluindo o cumprimento das Metas de Desenvolvemento do Milenio e outros obxectivos acordados internacionalmente.

Eidos de actuación

Reforzar as autoridades locais e a democracia de base mediante:

- apoio e fortalecemento das capacidades institucionais de entes gubernamentais descentralizados de desenvolvemento

- promoción do diálogo, os intercambios e o establecemento de redes entre as autoridades locais, actores non-estatais e outros actores económicos e sociais

- apoio a procesos sustentables de desenvolvemento social, humano, cultural, ambiental e económico.

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro de nacionalidade venezolana. Deberán ser unha Autoridade Local constituída conforme ás normas de Venezuela e ser directamente responsables do desenvolvemento da acción.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas.
Os socios deben ser persoas xurídicas sen ánimo de lucro que sexan Actores Non Estatais (ANE) ou Autoridades Locais de Venezuela ou dalgún Estado membro da UE.

Financiamento

As subvecións outorgadas dentro desta Convocatoria de Propostas estarán comprendidas entre a porcentaxe mínima do 50% e o máximo do 90% dos custos elexibles da acción.
Como mínimo a contía de cada axuda será de 75.000 euros e como máximo do 125.000.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da presente convocatoria de propostas ascende a 242.500 euros

Duración do proxecto

A duración prevista non poderá ser inferior a 18 meses nen superior a 36 meses

Data de publicación

24/03/2011

Data límite de solicitude

16/05/2011

Documentación

Contacto

Edificio Delegación de la Unión Europea
Avenida Orinoco, Las Mercedes
Caracas 1060
Venezuela

Para solicitar información:
DELEGATION-VENEZUELA-ANE@ec.europa.eu
Fax: +58 212 993.55.73

Comentarios

Trátase dunha Convocatoria de Propostas restrinxida. Nun primeiro momento só poderán presentarse os Documentos de Síntese para a súa avaliación. Posteriormente, os solicitantes cuxos Documentos de Síntese foran preseleccionados serán invitados a presentar unha Solicitude Completa.

As accións deberán ser levadas a cabo en Venezuela

É preciso o rexistro previo en PADOR

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante