Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións na República Dominicana

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo principal desta convocatoria é promover unha sociedade empoderada e inclusiva a través da participación dos Actores Non Estatais (ANE) e das Autoridades Locais (AL) na planificación e implementación de políticas de redución da pobreza e de desenvolvemento sustentable

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos serán os seguintes:
- Apoiar procesos de descentralización e accións de desenvolvemento a nivel local e municipal.
- Fortalecer capacidades técnicas e de xestión de ANE e AL e a súa capacidade de diálogo, así como a creación e/ou fortalecemento de redes de ANE e AL.

Eidos de actuación

As prioridades destes proxectos serán as seguintes:
- Apoio a procesos de descentralización e accións conxuntas entre as autoridades locais e a sociedade civil no ámbito local.
- Fortalecer as capacidades técnicas e de xestión e as capacidades de lobby e diálogo dos ANE e das AL e fomentar a creación de redes e/ou fortalecer as existentes.

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro que sexan ANE ou AL nalgún estado da UE ou dos países eleXibles (consultar convocatoria). Ademais deberán ser directamente responsables do desenvolvemento da acción.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas, tanto socios como entidades colaboradoras ou subcontratistas.

Financiamento

As subvencións para ANE e AL locais non poderán superar o 90% do total dos custos elexibles da acción, mentres que as subvencións para ANE e para AL da UE non poderán exceder o 75%.
As subvencións estarán comprendidas entre os seguintes importes mínimo e máximo:
- Actores Non Estatais: Entre 75,000 e 300,000 euros.
– Autoridades Locais: Entre 75,000 e 250,000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da convocatoria ascende a 1.700.000 euros coa seguinte distribución:
- 1.200.000 euros destinados aos Axentes Estatais
- 500.000 euros para as Autoridades Locais.

Duración do proxecto

A duración inicial prevista dunha acción non poderá ser inferior a 18 meses nen superior a 36.

Data de publicación

04/03/2011

Data límite de solicitude

20/04/2011

Documentación

Contacto

Delegación de la Unión Europea en República Dominicana
Av. Abraham Lincoln, 1063
Santo Domingo, D.N.
República Dominicana

Comentarios

Esta é unha convocatoria de propostas restrinxida, é dicir, lánzase en dúas fases. Nunha primeira fase só se presentan os documentos de síntese para a súa avaliación. Posteriormente, os solicitantes cuxos documentos de sínteses fosen preseleccionados serán convidados a presentar unha solicitude completa. O prazo para a presentación de notas de síntese remata o 20/4/2011.
É necesario o rexistro previo en PADOR.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante