Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa UE-ACP de apoio aos sectores culturais

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do programa é contribuír á redución da pobreza a través da creación e consolidación de ”industrias culturais ” viables dos Estados ACP, para reforzar a contribución destas industrias no desenvolvemento social e económico e para salvagardar a diversidade cultural.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos da presente convocatoria son:

  • Reforzar a creación e produción de bens culturais e servizos nos países ACP nun achegamento integrado aos circuítos de distribución, baseados no seu contexto e experiencia interrexional.
  • Apoio para un mellor acceso dos bens e servizos culturais dos países ACP aos mercados europeos e internacionais.
  • Fortalecemento das capacidades dos actores culturais, operadores e empresarios dos estados ACP.

Eidos de actuación

ACP Films II: para apoiar a produción, distribución e promoción de cinema e material audiovisual.

ACP Cultures II: para apoiar a creación distribución e formación no resto de sectores culturais máis alá do audiovisual.

Destinatarios

Poderán participar entidades legais cunha antigüidade mínima de 2 anos que sexan directamente responsables da acción e que cumpran os requisitos específicos de cada unha das accións (ver convocatoria).

Socios

Necesítanse polo menos tres socios que proveñan de dous países ACP diferentes.
Se todos os socios son de África é necesario que polo menos representen a dúas das catro rexións existentes.

Financiamento

As axudas non poderán exceder do 80% dos custos elexibles da acción pero esta porcentaxe descende ata o 40% no caso de de as axudas para a produción de cinema e de material audiovisual.
As cantidades mínimas e máximas a subvencionar dependerán da acción específica da que se trate (ver convocatoria).

Orzamento total da convocatoria

12 millóns de euros

Duración do proxecto

Os proxectos terán unha duración mínima de 12 meses e unha máxima de 36 meses.

Data de publicación

28/02/2011

Data límite de solicitude

30/06/2011

Documentación

Contacto

Mrs Frédérique WESTHOFF
ACP-EU Support Programme to ACP Cultural
Sectors
ACPFilms – Programme management unit
Transtec
Avenue de Tyras, 75
B-1120 Brussels - Belgium
Tel.: +32 (0)2 514 37 86 and +32 (0)2 266 49 16
Fax.: +32 (0)2 266 49 65


Mr Pierre GUERIN
ACP-EU Support Programme to ACP Cultural
Sectors
ACPCultures – Programme management unit
Eco
Chaussée de la Hulpe, 150
B-1170 Brussels - Belgium
Tel. + 32 (0)2 792 49 71
Fax. + 32 (0)2 792 49 06

Comentarios

A presente convocatoria levase a cabo con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento.
As solicitudes presentaranse nunha única fase, incluíndo o resumo e a solicitude completa.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante