Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en O Salvador

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta convocatoria de propostas é a redución da pobreza nun contexto de desenvolvemento sustentable, incluíndo o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) e outras metas consensuadas internacionalmente. Máis detalladamente, o programa temático promove unha metodoloxía participativa a través do fortalecemento institucional e o apoio a iniciativas orixinarias da UE e de países socios.

Obxectivo específico da convocatoria

- Beneficiar as poboacións que non reciben servizos e recursos básicos e quedan excluídas dos procesos de elaboración de políticas públicas.
- Promover unha sociedade inclusiva e empoderada nos países socios para facilitar a participación de actores non estatais e autoridades locais en estratexias de redución da pobreza e desenvolvemento sustentable.
- Facilitar a interacción entre actores estatais e non estatais en contextos diferentes.

Eidos de actuación

Para os Axentes non Estatais as prioridades serán fortalecer e establecer as capacidades das seguintes organizacións: ONGs e asociacións ou redes xuvenís rexionais/nacionais, asociacións que representen aos pobos indíxenas, organizacións e sindicatos de traballadoras e por último aquelas que fomenten o emprendemento en sintonía có medio ambiente.

Para as Autoridades Locais as prioridades serán: fortalecer as capacidades de municipios e micro-rexións de elaborar políticas públicas municipais en áreas como a protección do medio ambiente, a mocidade, o turismo ecolóxico...así como fortalecer as súas capacidades en materias de transparencia e auditoría pública de orzamentos municipais, planificación municipal e ordenamento territorial.

Destinatarios

Persoas xurídicas sen animo de lucro que sexan Axentes Non Estatais ou Autoridades locais constituídos conforme á lexislación en vigor no Salvador ou nun Estado membro da Unión Europea.

Socios

Os solicitantes deberán actuar con organizacións asociadas. Para accións presentadas por actores europeos, será obrigatoria a asociación cun actor local e os proxectos responderán a unha iniciativa que emane do socio local no Salvador.

Financiamento

-Para propostas presentadas por Axentes non estatais ou autoridades locais do país socio (O Salvador) a subvención non poderá ser superior ao 90% do total dos custos elexibles da acción. A cantidade individual destas axudas non poderá ser inferior a 200.000 nin superior a 600.000 euros.

- Para propostas presentadas por Axentes non estatais ou autoridades locais europeas, a subvención non poderá ser superior ao 75% do total dos custos elegibles da acción. A cantidade individual destas axudas non poderá ser inferior a 100.000 nin superior a 300.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

1,940,000 euros dos cales 1.640.000 euros destinados a Axentes Non Estatais e 300.000 euros a Autoridades Locais

Duración do proxecto

Non poderá ser inferior a 36 nin superior a 48 meses

Data de publicación

24/02/2011

Data límite de solicitude

11/04/2011

Documentación

Contacto

Delegación de la Unión Europea en El Salvador
Calle Cortez Blanco Poniente y Pasaje H Norte Nº2 Urbanización Madre Selva
Tercera Etapa Antiguo Cuscatlán, La Libertad, El Salvador.
Apartado Postal 01 298

Comentarios

Esta convocatoria é unha convocatoria de propostas restrinxida.Nun primeiro momento só se presentarán o documentos de síntese para a súa avaliación. Posteriormente, os solicitantes cuxos documentos de síntese sexan preseleccionados serán invitados a presentar unha solicitude completa.
É preciso o rexistro previo no programa PADOR
Para información adicional: DELEGATION-EL-SALVADOR-CONVOCATORIAS@eeas.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante