Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en Indonesia

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Apoiar a pequena escala as accións de desenvolvemento local no eido da educación e a aplicación da lei, facilitando a interacción entre os axentes non estatais e as autoridades locais, mellorando a capacidade dos primeiros para participar no diálogo político desempeñar un papel de supervisión, e apoiando unha maior importancia das autoridades locais no proceso de descentralización.

Eidos de actuación

- A educación básica: contribuír á redución da pobreza a través dunha educación de calidade, no contexto do Plan Estratéxico de Indonesia 2010-2014, mediante a promoción da participación entre os gobernos locais, os actores non estatais e outras partes interesadas que son responsables dos servizos educativos.
- Aplicación da lei e a xustiza: contribuír á redución da pobreza como resultado da mellora da gobernanza e a aplicación da lei a nivel local, o que implica unha participación de todos os actores implicados.

Destinatarios

Organizacións legais, sen ánimo de lucro dun Estado membro ou de Indonesia (para condicións particulares ver convocatoria).

Socios

Para os Estados membros é preciso asociarse cun actor local de Indonesia.

Financiamento

Desde o 50% ata o 90% no caso de participantes de Indonesia
Desde o 50% ata o 75% no caso de Estados membros da UE

Orzamento total da convocatoria

1.000.000 euros, dos cales 850.000 euros se destinarán aos axentes non estatais.

Duración do proxecto

Entre 12 y 24 meses

Data de publicación

15/02/2011

Data límite de solicitude

11/05/2011

Documentación

Contacto

Delegation of the European Union to Indonesia and Brunei Darussalam
Non State Actors and Local Authorities in Development
Intiland Tower, 16th floor
Jl. Jend. Sudirman Kav 32
Jakarta 10220
Indonesia

Comentarios

As accións deberán levarse a cabo en Indonesia. Cada participante poderá entregar máis dunha solicitude.
Trátase dunha Convocatoria de Propostas restrinxida e por tanto desenvolverase en dúas fases; só os participantes que resulten preseleccionados terán que presentar a solicitude completa.
É necesario o rexistro previo en PADOR.
Pode solicitarse información adicional na seguinte dirección: delegation-indonesia-nsa-la@eeas.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante