Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en Colombia

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Contribuir á reducción da pobreza en Colombia

Obxectivo específico da convocatoria

O reforzo de actores non estatais e autoridades locais para mellorar a súa participación e incidencia en estratexias de desenvolvemento sustentable nun contexto de conflicto armado, desde unha perspectiva de construcción de paz.

Eidos de actuación

- Actividades dirixidas a reforzar instrumentos de participación cidadá, así como o fomento dos mesmos.
- Actividades que fortalezan o diálogo sociedad-institucións e fomento da participación no mesmo.
- Outras actividades dirixidas á capacitación e o reforzo institucional en áreas diversas.
- Accións que promovan o diálogo a todos os niveis a partir dos dereitos económicos, sociais e culturais cunha perspectiva de construcción da paz.

Destinatarios

Personas xurídicas sen ánimo de lucro e nacionais dun Estado membro ou de Colombia. Además pertencer ao tipo de organizacións específicas que se recollen na convocatoria.

Socios

Para accións presentadas por actores europeos, a asociación con un actor local é obrigatoria e os proxectos deben respostar a unha iniciativa emanada do socio local en Colombia. Os actores locais poderán actuar individualmente ou con organizacións sociais.

Financiamento

Cada subvención non poderá ser inferior ao 60% dos custos elexibles totais da acción.
Para os actores non estatais o importe mínimo será de 500.000 euros e o máximo de 1 millón de euros.
Para as autoridades locais o importe mínimo será de 200.000 euros e o máximo de 450.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

2.500.000 euros

Duración do proxecto

Non inferior a 18 nen superior a 36 meses.

Data de publicación

11/11/2010

Data límite de solicitude

15/02/2011

Documentación

Contacto

DELEGACION DE LA UNION EUROPEA EN COLOMBIA
Calle 116 # 7– 15, Interior 1 - Piso 12°.
Edificio CUSEZAR
Bogotá – Colombia

Comentarios

Escolleranse un máximo de 5 proxectos en total. Os solicitantes deberán actuar con algunha das organizacións que se recollen na convocatoria.
O rexistro previo en PADOR é obrigatorio para esta convocatoria.
O proceso será restrinxido e en dúas fases.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante