Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións nos Países Bálticos

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Apoiar a cooperación con Rusia nas zonas establecidas no Plan de Acción para a estratexia da UE na rexión do Mar Báltico. Esta acción prestará soporte a grupos de interés, axentes non estatais e autoridades locais para a súa participación eficaz nos retos (desenvolvemento rexional, crise demográfica...) e nas oportunidades (altos niveis de educación, recursos naturais).

Obxectivo específico da convocatoria

- Fortalecer a capacidade institucional dos principais interesados para que estean mellor preparados para participación na toma de decisións.
- Promover a gobernanza local/rexional e mellorar os vínculos entre os cidadáns.
- Fortalecer a cooperación entre a UE e Rusia traballando en
asociación con organizacións similares de Europa, o desenvolvemento de vínculos, redes e cooperación.

Eidos de actuación

A acción proposta debe referirse polo menos a un dos seguintes temas:
- Cambio climático e enerxía eficiente.
- Transporte e loxística.
- Saúde, reducindo a transmisibilidade de enfermidades e fomentando a calidade dos servizos de atención primaria.
- Cultura, promovendo modelos baseados nas experiencias rusa e europea sobre todo centrados nas industrias culturais, mobilidade de artistas...

Destinatarios

Persoas legais sen ánimo de lucro nacionais dun Estado membro, dun país candidato a pertencer á UE, dun estado pertencente ao Espazo Económico Europeo ou á Federación Rusa.
Ademais deben ser actores non estatais (dacordo coa lexislación de cada estado) ou autoridades locais/rexionais.

Socios

Alomenos dous socios de alomenos dous Estados membros e polo menos un socio da Federación Rusa.

Financiamento

Entre o 50 e o 80% dos custos elixibles. O custo da acción é importante para determinar a cuantía polo que é preciso achegar un orzamento detallado.

Orzamento total da convocatoria

3,500,000 euros

Duración do proxecto

Entre 24 e 30 meses

Data de publicación

21/01/2011

Data límite de solicitude

10/03/2011

Documentación

Contacto

Lena.Karnovich@eeas.europa.eu

Comentarios

As solicitudes incorrectamente presentadas serán rechazadas.As solicitudes deben presentarse en inglés.
Os solicitantes deben conceder a sua vez axudas a outras entidades.
O prazo para solicitar información finaliza o 22/02/2011.As respostas de aclaracións publicaranse na páxina web.
A data límite para presentar propostas é o 10/03/2011 ás 16:00, hora de Moscú.
As accións terán lugar en Rusia e excepcionalmente nalgún Estado membro.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante