Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento – Accións en Angola

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Redución da pobreza no contexto do desenvolvemento sustentable, de acordo cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), e outros acordos internacionais asinados. É un programa orientado polos actores, que ten como obxectivo fortalecer a capacidade das organizacións da sociedade civil e das autoridades locais.

Eidos de actuación

Os campos que teñen unha prioridade especial nesta convocatoria son aqueles relacionados con:
• Mellora do acceso aos servizos sociais de base
• Promoción das boas prácticas en termos de promoción do desenvolvemento e goberno local
• Promoción de boas prácticas en termos de asociacionismo e/ou cooperativismo
• Promoción do diálogo e colaboración entre actores non estatais e autoridades locais

As accións elixibles realizaranse tanto no marco urbano como rural, e terán prioridade as iniciativas que teñan o aval dos representantes a nivel local.

Destinatarios

Os solicitantes deberán cumprir cos seguintes requisitos:
1. Ser unha persoa xurídica
2. Non ter ánimo de lucro
3. Corresponder especificamente a un dos seguintes tipos de organización: ONG, operadores do sector público, autoridades locais, organizacións (inter gobernamentais) internacionais.
4. Ser actores non estatais, constituídos de acordo coa lexislación en vigor en Angola ou dun dos Estados membros da UE. No caso de seren actores estatais europeos deberán ter sido rexistrados 4 anos antes da solicitude da subvención, e no caso de seren de Angola, cando menos 2 anos antes.
5. Ter a nacionalidade dun dos países membros da UE ou dun dos países asociados nos que se realiza a acción
6. Ser directamente responsable xunto cos seus socios da preparación e xestión da acción
7. Ser unha autoridade local, ou unha asociación de autoridades locais dun Estado membro da UE ou de Angola, constituída de acordo coa lexislación en vigor no país.

Socios

É recomendable traballar en colaboración con varios socios cando esta sexa máis eficiente, e aumente a participación dos cidadáns no desenvolvemento local. Para accións presentadas por actores europeos, a colaboración cun actor local, é obrigatoria e os proxectos deberán responder a unha iniciativa emanada do socio local en Angola. Os socios deberán cumprir cos mesmos criterios de elixibilidade que os destinatarios e participar no deseño e realización do proxecto.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 75% dos custes cando son realizados por actores non estatais europeos. Non obstante, para accións propostas por actores non estatais dos países asociados, o financiamento pode chegar até o 90%.

Orzamento total da convocatoria

Un orzamento total de 1.611.850€

Duración do proxecto

Entre os 12 e os 48 meses.

Data límite de solicitude

12/07/2010

Documentación

Contacto

delegation-angola-etis@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante