Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Actores non estatais e autoridades locais en desenvolvemento – Accións en Marrocos

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Financiar as accións propostas polos actores non estatais e as autoridades locais co obxectivo de promover unha sociedade concienciada cos principios de integración e de autonomía.

Obxectivo específico da convocatoria

Mellorar o acceso das poboacións aos servizos sociais, incrementar a súa participación nos procesos de elaboración de políticas e reforzar as capacidades das organizacións da sociedade civil e as autoridades locais, co fin de participar nas estratexias de redución da pobreza.

Eidos de actuación

As eleccións elixibles deberán responder ás tres seguintes prioridades:
• Mellorar o acceso e a calidade dos servizos sociais de base, principalmente nas rexións rurais e illadas, e nas zonas rur-urbanas, principalmente por medio de iniciativas relacionadas coa sanidade, a educación de base e a formación profesional.
• Mellorar as condicións socio-económicas, favorecer a inclusión dos grupos vulnerables, e aos sectores da poboación marxinados.
• Promover un desenvolvemento rural integrado, maiormente por medio da promoción e a diversificación das actividades económicas baseadas na valorización dos recursos locais e no respecto polo medio ambiente.
As accións deberán reforzar as capacidades institucionais, organizativas e formativas dos actores locais.

Destinatarios


Os solicitantes deberán cumprir cos seguintes requisitos:
1. Ser unha persoa xurídica
2. Non ter ánimo de lucro
3. Ser un axente non estatal constituído conforme á lexislación en vigor en Marrocos ou nun Estado membro da UE, cun rexistro cando menos 3 anos anterior á presentación da solicitude no caso dos primeiros, e de 5 anos no caso dos segundo.
4. Ser capaz de probar que ten levado a cabo de maneira regular actividades relacionadas co desenvolvemento, e máis concretamente cos obxectivos do programa, nos últimos 3 anos, no caso de ser un solicitante europeo, ou nos últimos 2 no caso de ser un solicitante marroquí.
5. Ser directamente responsable xunto cos seus socios da preparación e xestión da acción.

Socios

Para as accións presentadas por actores europeos é obrigatorio contar coa participación dun socio marroquí. Estes deberán participar na posta en marcha e deseño da acción e cumprir cos mesmos criterios de elixibilidade que os solicitantes, excepto para o número de anos mínimo entre o seu rexistro e a solicitude de subvención.

Financiamento

O apoio financeiro da Comisión non poderá exceder do 90% dos custes totais susceptibles de recibir unha subvención, no caso de ser o demandante un actor local, e do 75% no caso de ser un demandante europeo. En todo caso as subvencións non poderán ser inferiores ao 50% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total desta convocatoria ascende até os 873.000€, dividido en dúas partidas, 582.000€ para os actores non estatais, e 291.000 para as autoridades locais.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán ter unha duración de entre 12 e 36 meses.

Data límite de solicitude

08/06/2010

Documentación

Contacto

Delegation-morocco-microprojets@ec.europa.eu

FAX: (+212-537) 57 98 10

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante