Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento – Accións en países asociados

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Promover accións presentadas por actores non estatais que procuran promover unha sociedade máis inclusiva en países socios, para así beneficiar á poboación sen acceso a servizos básicos e excluída do proceso político, fortalecer a capacidade da sociedade civil e facilitar a interacción entre o estado e os actores non estatais en diferentes contextos.

Eidos de actuación

Os campos que teñen unha prioridade especial nesta convocatoria son aqueles relacionados con:
• mellorar a capacidade dos actores non estatais
• fomentar os vínculos, asociacións e redes de traballo entre os actores non estatais e as autoridades locais da UE e dos países asociados
• ofrecer servizos básicos en lugares onde estes sexan difíciles de prover ou non existan
• facilitar a interacción e os intercambios entre o estado e os actores non estatais en diferentes contextos
• reforzar o rol dos actores non estatais en asociación coas autoridades locais, sobre todo no tocante á descentralización do poder e os procesos de gobernanza local

Destinatarios

Os solicitantes deberán cumprir cos seguintes requisitos:
1. Ser unha persoa xurídica
2. Non ter ánimo de lucro
3. Ser un axente non estatal constituído conforme á lexislación en vigor no país correspondente, cun rexistro cando menos 5 anos anterior á presentación da solicitude.
4. Ter a nacionalidade dun dos países membros da UE ou dun dos países asociados nos que se realiza a acción
5. Ser directamente responsable xunto cos seus socios da preparación e xestión da acción

Socios

As accións deben basearse nunha iniciativa dunha organización local, actor non estatal ou autoridade local, nos países asociados nos que se realizará. As accións propostas por organizacións da UE deben basearse nunha asociación coas organizacións dos países asociados onde estas teñan lugar. Os socios participan no deseño e a posta en marcha da acción, por tanto deben cumprir cos mesmos criterios que os destinatarios excepto o tempo mínimo desde que foi feito o rexistro da organización que é de so 3 anos. As autoridades locais asociadas deben estar constituídas conforme a lexislación do país no que se realiza a acción.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 75% dos custes cando son realizados por actores non estatais europeos. Non obstante, para accións propostas por actores non estatais dos países asociados, o financiamento pode chegar até o 90%.

Orzamento total da convocatoria

Un orzamento de 17950000€, dividido en varios lotes conforme o territorio no que se realiza a acción, por tanto:
• Países ACP e Cuba, 7.036.400€
• Países de América Latina 3.302.800€
• Países asiáticos 3.015.600€
• Países do Medio Oriente e Mediterráneo, Asia Central e Europa Oriental 1.005.200€

Duración do proxecto

Entre os 24 e os 60 meses.

Data límite de solicitude

03/05/2010

Documentación

Contacto

EuropeAid-GlobalCalls@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante