Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento – Coordinación, cooperación e traballo en rede entre organizacións europeas

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Promover accións dirixidas a lograr unha cooperación máis eficiente, incrementar as sinerxías e conseguir un diálogo máis estruturado entre actores non estatais da UE e de países candidatos á adhesión e as institucións comunitarias

Eidos de actuación

Os campos que teñen unha prioridade especial nesta convocatoria son as redes de información e intercambio de boas prácticas entre organizacións e redes, diálogo entre diferente tipo de interlocutores, incluíndo actores non estatais e locais e interacción destas organizacións e redes coas institucións comunitarias.

Destinatarios

Os solicitantes deberán cumprir cos seguintes requisitos:
1. Ser unha persoa xurídica
2. Non ter ánimo de lucro
3. Ser un axente non estatal constituído conforme á lexislación en vigor nun Estado membro da UE, cun rexistro cando menos 3 anos anterior á presentación da solicitude.
4. Ter a nacionalidade dun dos países membros da UE
5. Ser directamente responsable xunto cos seus socios da preparación e xestión da acción

Socios

Os socios participan no deseño e a posta en marcha da acción, por tanto deben cumprir cos mesmos criterios que os destinatarios excepto o tempo mínimo desde que foi feito o rexistro da organización que é de so 2 anos. Os socios de países en vías de desenvolvemento deberían xogar un papel activo na acción, e deben cumprir os criterios de non ter ánimo de lucro, e seren actores non estatais ou autoridades locais constituídas conforme á lexislación vixente no seu país.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 75% dos custes. Non obstante, para accións propostas por actores non estatais dos 12 novos Estados membros pode chegar até o 90%.

Orzamento total da convocatoria

Un orzamento de 3.026.000€

Duración do proxecto

Entre os 12 e os 36 meses.

Data límite de solicitude

14/06/2010

Documentación

Contacto

EuropeAid-GlobalCalls@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante