Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento – Incrementar a concienciación pública en temas de desenvolvemento e promover a educación para o desenvolvemento na UE

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

A convocatoria busca soster as accións presentada por actores non estatais, co obxectivo de incrementar a concienciación pública en temas de desenvolvemento e promover a educación para o desenvolvemento na Unión Europea e países candidatos, co fin de mobilizar un maior apoio da sociedade ás políticas de loita contra a pobreza e as relacións xustas entre os países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento.

Eidos de actuación

Os campos que teñen unha prioridade especial nesta convocatoria son o apoio aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, con particular atención á África subsahariana, incrementar a coherencia das políticas de desenvolvemento, outorgando prioridade ás políticas de migración, comercio xusto, seguridade, dereitos humanos, medio ambiente...

Destinatarios

Os solicitantes deberán cumprir cos seguintes requisitos:
1. Ser unha persoa xurídica
2. Non ter ánimo de lucro
3. Ser un axente non estatal constituído conforme á lexislación en vigor nun Estado membro da UE, cun rexistro cando menos 3 anos anterior á presentación da solicitude.
4. Ter a nacionalidade dun dos países membros da UE.
5. Ser directamente responsable xunto cos seus socios da preparación e xestión da acción.

Socios

Aínda que a participación de socios non é obrigatoria, si é recomendada e terán prioridade as iniciativas multinacionais realizadas por varios actores.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 75% dos custes. Non obstante, para accións propostas por actores non estatais dos 12 novos Estados membros pode chegar até o 90%.

Orzamento total da convocatoria

Un orzamento de 25000000€

Duración do proxecto

Entre os 12 e os 36 meses.

Data límite de solicitude

30/04/2010

Documentación

Contacto

EuropeAid-GlobalCalls@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante