Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Seguridade alimentaria Cuba

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Contribuír á consolidación da seguridade alimentaria da poboación cubana dentro do complexo contexto internacional e a situación nacional, incrementando a distribución de alimentos por medio do apoio aos pequenos agricultores, cooperativas e outras entidades de produción locais.

Obxectivo específico da convocatoria

Reforzar a seguridade alimentaria en Cuba no marco das prioridades estratéxicas do sector e as reformas que se están a producir ou deseñar no mesmo, apoiando iniciativas innovadoras a pequena escala e/ou proxectos piloto.

Eidos de actuación

Incremento da produción e diversificación de alimentos, apoio á agricultura urbana e suburbana, descentralización dos distintos procesos existentes no sector agropecuario a nivel municipal e provincial, fortalecemento de cooperativas e/ou pequenos campesiños, mellora da conservación e procesamento de produtos agropecuarios, introdución de novos métodos de produción de baixo custe e alta eficiencia....

Destinatarios

Pódense presentar a esta convocatoria aquelas organizacións que teñan personalidade xurídica, non teñan fins lucrativos e sexan actores non estatais, ou organizacións internacionais, que teñan a nacionalidade dun dos países membros da UE ou de Cuba, ou dun dos países establecidos no regulamento do Instrumento de Cooperación ao Desenvolvemento, aínda que esta obriga non se lle aplica ás organizacións internacionais. Así mesmo as organizacións deben xuntamente cos seus socios, ser directamente responsables da preparación e xestión da acción.

Socios

Deberan participar no deseño e execución do proxecto, e por tanto reunir os mesmos requisitos de elixibilidade.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 85% do total dos custes no caso dunha ONG, e nun 75% no caso dunha organización internacional.

Orzamento total da convocatoria

Un orzamento máximo de 12100000 euros.

Duración do proxecto

Entre os 24 e os 48 meses.

Data límite de solicitude

23/04/2010

Documentación

Contacto

Delegation-Cuba@ec.europa.eu

Comentarios

As subvencións serán dun mínimo de 500000€ e dun máximo de 3000000€, un 80% dos fondos serán reservados a iniciativas presentadas por ONG´s, as subvencións non poderán ser inferiores ao 50% do custe total.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante