Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento Accións en Honduras

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

A redución da pobreza no contexto do desenvolvemento sostible, incluíndo o cumprimento dos Obxectivos do desenvolvemento do Milenio. É un programa orientado aos actores, que busca fortalecer a capacidade das autoridades locais ás que se dirixe esta convocatoria.

Eidos de actuación

Terán unha prioridade as accións que busquen:
• Mellorar a xestión administrativa e financeira das corporacións municipais, incluíndo temas como a recadación de impostos ou a realización do catastro.
• Aplicar e institucionalizar os instrumentos para asegurar a transparencia e a participación da sociedade civil.
• Promover e estimular a actividade produtiva e o desenvolvemento económico local do municipio.
• Fortalecer as asociacións entre gobernos locais para o deseño e o desenvolvemento conxunto de estratexias e plans territoriais.

Destinatarios

Os solicitantes deberán cumprir cos seguintes requisitos:
1. Ser unha persoa xurídica
2. Ser unha autoridade local constituída conforme á lexislación en vigor en Honduras, nun Estado membro da UE, Islandia, Liechtenstein ou Noruega
3. Ter a nacionalidade dun dos países membros da UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega, ou Honduras.
4. Ser directamente responsable xunto cos seus socios da preparación e xestión da acción.

Socios

Na categoría de socios tamén se poden presentar axentes non estatais que reúnan os seguintes criterios:
• Ser unha persoa xurídica
• Non ter ánimo de lucro
• Ser un axente non estatal constituído conforme á lexislación en vigor en Honduras ou nun Estado membro da UE, ou do Espazo Económico Europeo, cun rexistro cando menos 3 anos anterior á presentación da solicitude.
• Ter nacionalidade dun dos países membros da UE ou de Honduras.
• Ser directamente responsable xunto co solicitante da preparación e a xestión da acción
• Ser capaz de demostrar que ten realizado regularmente accións no ámbito do desenvolvemento ou da gobernabilidade e do tipo das cubertas no programa.
• Deberán participar no deseño e execución da acción.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 75% dos custes no caso de seren as propostas presentadas por autoridades locais europeas. De seren autoridades locais de Honduras, a subvención non poderá ser superior ao 90%, en todo caso as subvencións non poderán ser inferiores ao 50%.

Orzamento total da convocatoria

Un orzamento de 250000€

Duración do proxecto

Entre os 12 e os 60 meses.

Data límite de solicitude

17/06/2010

Documentación

Contacto

DELEGATION-HONDURAS-CONVOCATORIAS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante