Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Auga, saneamento e fomento da hixiene para os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Esta convocatoria de propostas refírese ao primeiro obxectivo específico do 10º Fondo Europeo de Desenvolvemento ACP-UE para a auga: Axudar a acadar os ODM de auga e saneamento, que son reducir á metade para 2015 a proporción de persoas sen acceso sostible á auga potable e saneamento básico, fundamental en si mesmos e tamén como prerequisitos clave para reducir a mortalidade infantil e materna (ODM 4 e 5) e a loita contra as enfermidades (ODM 6).
Así, o obxectivo desta convocatoria é proporcionar fondos para infraestruturas básicas de auga e saneamento e proxectos de promoción da hixiene, centrándose nos máis vulnerables e necesitados nas zonas rurais e peri-urbanas, a promoción do uso a pequena escala de tecnoloxías apropiadas, e conducir a melloras na saúde, a educación e o desenvolvemento socioeconómico.

Obxectivo específico da convocatoria

Cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio de acceso a auga potable e a servizos sanitarios básicos. Contribuír á mellora da xestión e uso dos recursos hídricos e o desenvolvemento sostible e o mantemento da infraestrutura hídrica.

Eidos de actuación

Construción ou rehabilitación de infraestruturas de subministro de auga potable, así como de instalacións de servizos sanitarios e promoción da hixiene.

Destinatarios

Para poder optar a unha subvención, os solicitantes deberán ser persoas xurídicas, nacionais dun Estado membro da UE ou dun país ACP, actores non estatais ou autoridades locais ou organizacións internacionais, e ser directamente responsables da preparación e xestión da acción cos socios, non actuar como intermediarios. Ademais, os actores non estatais e autoridades locais teñen que ser capaces de demostrar que foron constituídos e rexistrados de conformidade coa lexislación en vigor do país en cuestión no momento da presentación da solicitude.

Socios

Traballar con socios é un requisito para calquera solicitude. Asociacións con actores non estatais ou autoridades locais no país no que se executa a acción é obrigatorio, por tanto será necesario cando menos un socio local que asistirá ao solicitante na identificación e planeamento e implementación da acción. Os socios terán que contar cos mesmos requisitos que os solicitantes, aínda que existirá unha certa flexibilidade no tocante á personalidade xurídica e o seu rexistro.

Financiamento

Ningunha subvención excederá do 75% dos custes elixibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

A dotación financeira é de 110.000.000 €.

Duración do proxecto

Entre 36 e 60 meses

Data límite de solicitude

02/06/2010

Documentación

Contacto

Correo electrónico: Europeaid-water-facility-helpdesk@ec.europa.eu
Fax: (+32-2) 299.86.22

Comentarios

Calquera subvención solicitada para unha acción no marco da presente convocatoria de propostas deberá estar comprendida entre os 500000€ e os 2500000€.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante