Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento - Accións en Paraguai

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo global da convocatoria é a redución da pobreza no contexto do desenvolvemento sostible, incluíndo a consecución das Metas de Desenvolvemento do Milenio e outros acordos a nivel internacional na materia.

Obxectivo específico da convocatoria

Búscase promover unha sociedade inclusiva e fortalecida, que facilite a participación dos actores non estatais e das autoridades locais na redución da pobreza e nas estratexias de desenvolvemento sostible, por medio do fortalecemento das súas capacidades.

Eidos de actuación

Apoiar accións que loiten contra a corrupción e que promovan a transparencia e a responsabilidade en todos os niveis de goberno. Apoiar accións que incentiven a participación de grupos en situación de vulnerabilidade e minorías marxinadas en actividades socioculturais con miras á celebración do Bicentenario. Apoiar ás autoridades locais para promover o turismo local como un proceso respectuoso da xente, a súa cultura e os seus costumes, que permita xerar un desenvolvemento económico sostible.

Destinatarios

Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
• Ser persoa xurídica
• Non ter ánimo de lucro
• Pertencer a unha das seguintes categorías: ONG, autoridades municipais
• Ter a nacionalidade paraguaia ou dun dos Estados membros da UE, ou que estean en proceso de adhesión, sexan países candidatos oficialmente recoñecidos ou pertenzan a algún país membro do Espazo Económico Europeo.
• Ser un axente non estatal ou unha autoridade local ou unha asociación de autoridades locais constituída conforme á lexislación en vigor no Paraguai ou nalgún Estado membro da UE. No caso dos axentes non estatais europeos, deberán ter estado rexistrados durante cando menos os 3 anos anteriores á data de presentación da solicitude.

Socios

Os socios deberán participar no deseño e execución da acción e nos gastos que se produzan, por tanto deberán reunir os requisitos aplicables ao propio beneficiario.

Financiamento

As subvencións non poderán ser inferiores ao 60% dos custes totais da acción, nin exceder do 90% destes, no caso de axentes non estatais e autoridades locais de Paraguay. No tocante ás accións desenvolvidas por axentes non estatais e autoridades locais comunitarias o financiamento pode chegar ate o 75% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

Existe unha partida orzamentaria de 831210€ para axentes non estatais e 400000€ para as autoridades locais.

Duración do proxecto

Entre os 24 e os 36 meses.

Data límite de solicitude

15/04/2010

Documentación

Contacto

delegation-paraguay@ec.europa.eu
Fax: +595 21 213975

Comentarios

Os importes para axentes non estatais sitúanse entre os 150000€ e os 250000€ mentres que para as autoridades locais, o importe mínimo é de 100000€ e o máximo é de 200000€.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante