Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programación de cooperación entre América Latina e a UE en polítcas de loita contra a droga (COPOLAD)

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Contribuír a unha maior coherencia, equilibrio e impacto das políticas de loita contra a droga en América Latina.

Obxectivo específico da convocatoria

Fortalecer as capacidades e alentar o proceso de elaboración de políticas de loita contra a droga nas súas distintas fases no países de América Latina, mediante a mellora do diálogo e o fortalecemento da cooperación das axencias nacionais e outros axentes responsables das políticas globais e sectoriais de loita contra a droga nos países de América Latina e a UE.

Eidos de actuación

Os obxectivos tentarán alcanzarse por medio de actividades que proporcionen aos beneficiarios do proxecto, capacitación, exemplos, modelos e oportunidades para mellorar a coherencia, o equilibrio e o impacto das políticas de loita contra a droga en América Latina.

Destinatarios

Os beneficiarios serán as Axencias Nacionais de Coordinación e outros organismos públicos especializados responsables das políticas globais ou sectoriais da loita contra a droga, os Observatorios nacionais da droga e os ministerios responsables desas políticas. Os solicitantes deberán ser persoas xurídicas sen ánimo de lucro, ter a nacionalidade dalgún dos estados da UE e seren directamente responsables da preparación e xestión da acción.

Socios

Serán elixibles as seguintes institucións, Axencias Nacionais de Coordinación e outros organismos públicos especializados dos 27 Estados membros da UE ou dos países de América Latina, responsables das políticas globais e sectoriais da loita contra a droga. Tamén poderán ser elixibles os Observatorios nacionais da droga, consolidados dos 27 Estados membros da UE ou dos países de América Latina, finalmente tamén poderán participar como socios os ministerios dos 27 Estados membros da UE ou dos países de América Latina responsables das políticas de loita contra a droga. A solicitude debe incluír, cando menos, un socio dun país da UE e 2 pertencentes a América Latina.

Financiamento

A subvención cubrirá o custe íntegro da acción.

Orzamento total da convocatoria

Un orzamento total de 6000000€.

Duración do proxecto

Entre 36 e 48 meses.

Data límite de solicitude

31/05/2010

Documentación

Contacto

EuropeAid-COPOLAD@ec.europa.eu

Comentarios

O importe mínimo das subvencións é de 5500000€ e 6000000€.
As propostas presentadas polos solicitantes deberán abarcar algún dos seguintes compoñentes prioritarios:
• Consolidación do mecanismo mediante apoio político e diálogo
• Consolidación dos Observatorios nacionais
• Capacitación para a redución da demanda
• Capacitación para a redución da oferta

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante